Tortullo

especie de fungo basidiomiceto pertencente á familia Tricholomataceae From Wikipedia, the free encyclopedia

Tortullo
Remove ads

O tortullo[1] (Tricholoma portentosum) é unha especie de fungo basidiomiceto pertencente á familia Tricholomataceae.[2][3] O corpo frutífero abrolla polo outono e a comezos do inverno asociado a bosques de coníferas e faiais.[4] En Galiza o apoxeo dáse en novembro e comezos de decembro[5].

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...

Ten un parente achegado que é tóxico: o tortullo dos cabaleiros (Tricholoma equestre), que até hai pouco era apreciado, pero trala morte de dúas persoas por miopatía, pasou a se considerar tóxico.

Remove ads

Morfoloxía do basidioma

Presenta un chapeu cun diámetro de 5 a 15 cm, de forma de campá ou chata, coa cutícula viscosa de cor cinsenta escura, algo máis clara nas marxes.[2] As lamelas, escotadas, e a estipe son de cor branca cinsenta con reflexos amarelos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads