Toxos Outos, Lousame
parroquia civil do concello de Lousame From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Xusto de Toxos Outos é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 162 habitantes (79 homes e 83 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Toxos.
Remove ads
Xeografía
Está situada ao norte do concello. Limita ao norte con Brión, ao sur con Lesende e Vilacova, ao oeste con Noia e ao leste con Rois. As zonas máis baixas da parroquia están a uns 200 m, e os cumios máis altos son o monte Costoira e Pena de Ferro (532 m). A parroquia sitúase no val do río San Xusto, que nace a 430 m de altitude, máis arriba de Fontefría, preto de Sabugueiro e Bargo.
Destaca o monte baixo e o cultivo de prados, favorecido pola importancia da gandería. Está atravesada pola estrada AC-543 que une Noia e Santiago de Compostela.
Remove ads
Patrimonio
Nesta parroquia atópanse os restos do mosteiro de Toxos Outos, de grande importancia na idade media. A carón del, está a igrexa parroquial.
Galería de imaxes
- Muíño abandonado.
- Fervenza San Xusto de Toxos Outos.
- Igrexa de San Xusto de Toxosoutos.
Lugares e parroquias
Lugares de Toxos Outos
Lugares da parroquia de Toxos Outos no concello de Lousame (A Coruña) | |
---|---|
Bargo | Cedofeito | Fontefría | O Madeiro | O Sabugueiro | San Xusto |
Parroquias de Lousame
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads