Tríatlon

deporte que combina natación, ciclismo e atletismo From Wikipedia, the free encyclopedia

Tríatlon
Remove ads

O tríatlon é un deporte individual e de resistencia, que reúne tres disciplinas deportivas: a natación, o ciclismo e a carreira a pé, por esta orde e ininterrompidamente, de xeito que se realizan unhas transicións altamente regulamentadas entre unha especialidade e outra, sen deixar a proba. A natación pode practicarse tanto en mar como en lago, máis ou menos artificial.

É seguramente un dos deportes máis duros que existen no panorama competitivo internacional actual. Os deportistas que o practican manteñen un severo calendario de adestramentos para poder facer fronte ás esixentes condicións das probas, tanto físicas como psicolóxicas.

Galiza conta con campións de gran renome no tríatlon masculino, como Iván Raña ou Xavier Gómez Noia, ademais dunha selección galega de tríatlon que competiu internacionalmente en probas da Copa de Europa.

O tríatlon foi incluído entre as disciplinas olímpicas nos Xogos Olímpicos de 2000, en Sydney. Administrativamente, o tríatlon depende en Galiza da Federación galega de tríatlon e péntatlon moderno.

Thumb
Espazo de transición do tríatlon, onde se pasa dunha especialidade a outra. Esta é a do mundial de Lausanne celebrado en 2006
Remove ads

Historia

As primeiras competicións de tríatlon comezan en Francia, contra 1920. Nas ribeiras do Marne, en Joinville-le-Pont, nos arrabaldes de París, disputábanse unhas competicións denominadas os Trois Sports (os tres deportes) nos domingos de verán. As probas eran a carreira a pé, o ciclismo e a natación, aínda que ás veces a natación víase substituída polo piragüismo.

Pero o primeiro tríatlon moderno, aproximadamente tal e como nós o coñecemos, naceu en Fiesta Island, na cidade californiana de San Diego, en maio de 1975. Sobre unha distancia de 800 metros en natación, 8 km de bicicleta e 8 km de carreira a pé decorreu esta primeira proba, que naceu ao abeiro do culto ao corpo da Costa Oeste.

Con todo, a lenda sinala como punto de orixe do tríatlon un evento algo posterior. En 1977, nunha taberna de Hawai chamada "Le Primo", o capitán de navío veterano da Mariña dos Estados Unidos, John Collins, desafiou os maríns que acababan de vencer o seu equipo de veteranos nunha carreira de remudas a pé. Propúxolles disputar unha competición que agrupase as probas de resistencia máis importantes do arquipélago: a Waikiki Rough Water Swim (3,9 km de natación), a Around Oahu Bike Race (179 km sobre a bicicleta), e mais o maratón de Honolulu (42,195 km a pé). O 18 de febreiro de 1978, 15 candidatos se botan á auga para conseguir o título de ironman, ou home de ferro. O primeiro en chegar foi Gordon Haller, que tardou 11:46'58". Remataron a proba doce. Hawai segue sendo para moitos a meca do tríatlon mundial.

Hoxe en día o tríatlon é un deporte consolidado en por si, que non pode considerarse unicamente como a unión de nadar, correr en bicicleta e correr a pé: ten adestramentos, campionatos, técnicas, materiais e metodoloxías particulares, sen contar que é precisamente nas zonas de transición entre unha e outra práctica onde moitas veces se deciden as probas.

Remove ads

Distancias

Máis información Nome, Natación ...

Todas as distancias son iguais para homes e para mulleres.

Remove ads

Principais probas

Deportes e especialidades relacionadas

Principais triatletas galegos

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads