Pilar Hidalgo

triatleta galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Pilar Hidalgo Iglesias, nada en Cee o 3 de maio de 1979, é unha ex-triatleta galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

En 2000 conseguiu os seus primeiros podios na Copa do Mundo de Tríatlon, con dous bronces en Toquio[1] e en Cancún.[2] Na cidade mexicana proclamouse, amais, campioa do mundo de ácuatlon [3] Ese mesmo ano quedou segunda no campionato de Europa sub-23 en Irlanda e subcampioa de España.[4][5] Dous anos despois, converteuse en campioa do Mundial sub-23 de tríatlon.[6]

En 2003 conseguiu o bronce no Campionato Europeo de Tríatlon de Valencia[7] e proclamouse campioa de España de tríatlon. Sumou, ademais, dous novos bronces nos Mundiais de Madrid[8] e de Atenas.[9] O ano seguinte revalidou o título do campionato de España[6] e logrou a prata na proba da Copa do Mundo de Tríatlon en Hungría.[10]

Participou nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas e chegou á meta na posición 13ª,[11] cun tempo final de 2:07'37"34, lonxe das súas propias expectativas. Despois de Atenas obtivo outra prata na Copa do Mundo en Hamburgo.[12] Logo entrou nunha forte crise deportiva, acompañada dunha lesión que a mantivo case totalmente afastada da competición durante tres anos.

O 25 de marzo de 2007 regresou á alta competición na Copa do Mundo de Tríatlon de Mooloolaba (Australia), mais non conseguiu chegar á meta. O 6 de setembro de 2009, durante o Tríatlon de Puigcerdà, sufriu unha arritmia e o corazón púxoselle a 280 pulsacións por minuto.[6] Tivo que ser evacuada en helicóptero e ingresada na UCI.[13] Foille diagnosticada unha hipertrofia ventricular que a obrigou a deixar o deporte de maneira definitiva.[14]

En 2011 declarou que sufría bulimia nerviosa dende os 15 anos.[15]

Remove ads

Mellores resultados

Ácuatlon

Máis información Campionato do mundo, Lugar ...

Tríatlon

Máis información Campionato do mundo, Lugar ...
Máis información Copa do Mundo, Lugar ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads