Transfobia
discriminación contra persoas transexuais ou transxénero From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A transfobia[1] é un neoloxismo que fai referencia ao conxunto de ideas e fenómenos que abranguen actitudes, sentimentos ou accións negativas cara ás persoas transxénero ou a transexualidade en xeral. A transfobia pode incluír o medo, a aversión, o odio, a violencia, a ira ou o malestar que sente ou se expresa cara ás persoas cuxa identidade de xénero non corresponde coas normas de xénero que a sociedade estabelece para as persoas do sexo que se lles foi asignado ao nacer ou que se saen do binarismo de xénero, enebefobia.[2][3][4][5] A miúdo exprésase xunto coas opinións homófobas e, por tanto, adoita considerarse un aspecto da homofobia.[6][7] A transfobia é un tipo de prexuízo e discriminación.[8]
A rapazada transxénero poden sufrir acoso sexual, acoso escolar e violencia na escola, nos programas de acollida e de asistencia social, así como posibles abusos por parte da súa familia. As vítimas adultas experimentan o ridículo en público, o acoso, incluído o uso dun xénero erróneo, as burlas, as ameazas de violencia, os roubos e as falsas detencións; moitas séntense inseguras en público. Unha alta porcentaxe afirma ser vítima de violencia sexual. A algunhas persoas transxénero négaselles a asistencia sanitaria ou sofren discriminación no lugar de traballo, incluído o despedimento por ser transxénero, ou séntense asediados por grupos políticos ou relixiosos conservadores que se opoñen ás leis sobre dereitos das persoas LGTB. Tamén sofren a discriminación dalgunhas persoas dentro dos movementos sociais LGTB e dalgunhas feministas.
Ademais do maior risco de violencia e outras ameazas, a tensión creada pola transfobia pode provocar consecuencias emocionais negativas que poden conducir a trastornos por consumo de substancias, fugas de casa (en menores) e un maior índice de suicidio.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
