Transient Random-Noise Bursts with Announcements

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Transient Random-Noise Bursts with Announcements é o segundo álbum de estudio da banda anglo-francesa de avant-pop Stereolab, publicado o 24 de agosto de 1993 a través do selo Duophonic Records no Reino Unido e de Elektra Records nos Estados Unidos.

Datos rápidos Álbum de Stereolab, Publicado ...

A meirande parte das primeiras 1 500 copias en vinilo foron destruídas debido á súa mala calidade.[1] O terceiro tema, "Pack Yr Romantic Mind", foi regravado debido a que inicialmente a canción tiña un sample de George Harrison e a banda non conseguiu o permiso para usalo.[1] O final do derradeiro tema, "Lock-Groove Lullaby", esténdese cara a un surco de bloqueo que repite unha frase do tema de Perrey and Kingsley "The Savers", do seu álbum Kaleidoscopic Vibrations: Spotlight on the Moog.

O deseño da portada e do libreto adaptouse dun disco de probas hi-fi publicado pola revista Hi-Fi Sound en 1969; o propio disco aparece sampleado no tema "Jenny Ondioline".

Remove ads

Listaxe de cancións

Máis información N.º, Título ...
Créditos dos samples[2]
  • "Pack Yr Romantic Mind" ten porcións de "Strangers in the Night", composta por Bert Kaempfert, Charles Singleton e Eddie Snyder.
  • "I'm Going Out of My Way" ten partes de "One Note Samba", composta por A. Jobim, J. Hendricks e N. Mendoca.
  • "Jenny Ondioline" ten samples de "Channel Recognition Phasing & Balance", usados por cortesía de Haymarket Publishing.
  • "Lock-Groove Lullaby" ten partes de "The Savers", composta por Jean Marcel e Gershon Kingsley.
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads