Trenton, Nova Jersey

From Wikipedia, the free encyclopedia

Trenton, Nova Jerseymap
Remove ads

Trenton é a capital do estado de Nova Jersey nos Estados Unidos de América e ten unha poboación de 85.000 habitantes. A cidade é tamén a sede do goberno local do Condado de Mercer.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...

En 1679, un grupo de colonos ingleses baixo a dirección de Mahlon Stacy formou unha colonia ao longo do río Delaware na colonia británica moza de Nova Jersey. O pobo adquiriu o nome de "Trent-towne" ou "Trenton" en 1719 para honrar a un dos seus líderes locais prominentes, William Trent.

O 26 de decembro de 1776, durante a Guerra da Independencia dos Estados Unidos, Trenton foi o lugar no que se desenvolveu a Batalla de Trenton, unha das batallas máis importantes da guerra onde George Washington gañou unha vitoria decisiva. Logo da guerra, Trenton foi brevemente a capital nacional dos Estados Unidos durante dous meses en 1784. A cidade foi nomeada a capital estatal de Nova Jersey en 1790.

Durante o século XIX, a cidade creceu como centro de industria, comercio, e cultura. O primeiro partido profesional de baloncesto xogouse alí en 1896. Por desdicha, desde 1950 a cidade rexistrou un declive gradual de produtividade e importancia e un aumento da criminalidade e doutros problemas. Con todo, as zonas residenciais que rodean a cidade son actualmente algunhas das comunidades máis ricas da nación.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads