1790
ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
1790 (MDCCXC) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano.
Remove ads
Acontecementos
- 4 de xaneiro, as provincias belgas, excepto Luxemburgo, proclaman a súa independencia.
- Comezo do reinado de Leopoldo II, emperador romano-xermánico (ata 1792).
- O astrónomo británico William Herschel descobre a primeira nebulosa planetaria.
- O enxeñeiro inglés Edmund Cartwright construe unha máquina para carda-la lá.
- O enxeñeiro francés Claude Chappe inventa o seu telégrafo visual (semáforo).
Revolución francesa
- 15 de xaneiro, Creación dos departamentos franceses (seguindo un decreto do 22 de decembro de 1789), pola asemblea constituínte que define o plano e fixa o número en 83.
- 13 de febreiro, Supresión das ordes monásticas pola asemblea nacional.
- 22 de abril, A Constituínte repudia o dereito de conquista.
- En xuño, Aviñón reclama a súa reinserción en Francia.
- 12 de xullo, Voto da constitución civil do clero.
- 14 de xullo, Festa da federación en París.
- 22 de outubro, Adopción da bandeira tricolor por decisión da asemblea constituínte.
- 27 de novembro, O clero debe prestar preitesía.
- En novembro, a Constituínte faise coas posesións da alta nobreza, principalmente alemá.
- O Flandres francés é integrado no departamento do Norte.
- O doutor Joseph-Ignace Guillotin presenta á asemblea a guillotina.
- Reincorporación de Aviñón a Francia.
Remove ads
Nacementos
- 29 de marzo - John Tyler, presidente dos Estados Unidos.
- 30 de marzo - José María Chao Rodríguez, farmacéutico e político galego (m. 1858).
- 23 de maio - Jean-Jacques Pradier (James Pradier) escultor suízo.
- 21 de outubro - Alphonse de Lamartine, poeta francés.
- 23 de decembro - Jean-François Champollion, exiptólogo francés (m. 1832).
Mortes
- 17 de abril - Benjamin Franklin, diplomático e inventor.
- 17 de xullo - Adam Smith, economista.
- 2 de decembro - Pedro González de Ulloa, crego e ilustrado galego (n. 1714).
- 24 de decembro - Juan Francisco de Castro Fernández, sacerdote e avogado ilustrado galego (n. 1721).
Véxase tamén
Outros artigos
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1790 |
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads