Triángulo (constelación)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Triangulum ou Triángulo[1] é unha pequena constelación do norte, onde as súas tres estrelas máis brillantes, de terceira e cuarta magnitude, forman un triángulo alongado. É unha das 88 constelacións modernas e tamén foi unha das 48 listadas por Tolomeo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Triángulo (homónimos).
Remove ads
Estrelas principais
- α Trianguli (Metallah ou Mothallah), é unha binaria espectroscópica de magnitude 3,41, menos brillante que β Trianguli.
- β Trianguli (Deltotum ou Deltotron), a máis brillante da constelación con magnitude 3,00, unha estrela subxigante branca.
- γ Trianguli, estrela branca de magnitude 4,03.
- δ Trianguli, anana amarela algo maior co Sol a só 35 anos luz de distancia.
- ε Trianguli, estrela dobre formada por unha estrela principal de magnitude 5,50 e outra secundaria de magnitude 11.
- TZ Trianguli (6 Trianguli), sistema estelar cuádruplo e estrela variable, (coñecida nalgunhas fontes antigas coma ι), é unha atractiva estrela dobre cun destacable contraste de cor que pode ser vista cun telescopio de tamaño medio nun forte amarelo e cun apagado azul. Ambas compoñentes son binarias moi pechadas, formando así o sistema estelar de 4 compoñentes.[2]
Remove ads
Obxectos Notables do espazo profundo
- Galaxia do Triángulo (M33), galaxia espiral tipo Sc e membro do Grupo Local que semella ser unha galaxia satélite da galaxia de Andrómeda, situada a 2,9 millóns de anos luz. O ter magnitude 5,8, é de abondo brillante para ser divisada a simple vista no ceo nocturno.
- Nebulosa NGC 604, a rexión máis grande de hidróxeno ionizado que se coñece.
- Galaxia espiral NGC 925, así coma as galaxias NGC 672 e IC 1727, estas últimas separadas apenas 88.000 anos luz.
- Quasar 3C 48, ó norte da constelación, un dos primeiros descubertos.
Remove ads
Historia e mitoloxía
A pesar de ser unha constelación menor, o grupo de estrelas que forma Triangulum xa era coñecido na antigüidade e, debido á súa semellanza coa letra grega Δ tomou ás veces o nome de Delta ou Deltotum.
Pola súa forma tamén tense asociado ó delta do río Nilo e foi tamén relacionada coa illa de Sicilia.
Unha versión explicaba que a causa do pouco brillo de Aries, o deus Hermes colocou sobre esta constelación varias estrelas ás que lle deu a forma da letra delta, coma primeira letra do xenitivo de Zeus (Διός).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads