Tulsa (grupo musical)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Tulsa é un grupo musical español formado e liderado pola cantautora Miren Iza (Hondarribia, 1979). Toma o seu nome da cidade estadounidense de Tulsa.

Datos rápidos Orixe, Xénero(s) ...
Remove ads

Traxectoria

Antes da formación de Tulsa, Miren Iza formara parte da banda riot grrrl de punk rock e surf rock Electrobikinis, que cantaban en inglés. A banda separouse en 2002, emprendendo Miren a súa carreira en solitario uníndose ao guitarrista Alfredo Niharra e así, xa como cantante e compositora en castelán dá algúns concertos.

Miren foi a vivir a Madrid, onde Tulsa desde entón ten a súa base de operacións. En 2006 publicaron con Lucinda Records o seu primeiro disco, un EP de 4 temas gravados por Niharra no local de ensaio, e que empezan a dar forma ao son de Tulsa con temas como "Seguramente me lo merezco" ou "La Goulue".[1]

En 2007 publicaron coa discográfica Subterfuge Records, Solo me has rozado. Definidos por El País como «algo así como Cecilia cantando con The Jayhawks como banda de acompañamento» e seleccionados por Rockdelux entre os mellores sinxelos do ano, as referencias musicais de Tulsa alcanzan desde o rock estadounidense ou de raíces (Gram Parsons, Bob Dylan) até personaxes máis próximos como Nacho Veigas ou Christina Rosenvinge. En 2007 o grupo foi nomeado ao Grammy Latino na categoría de Novos Artistas.[2]

En 2010 publicaron Espera a pálida, producido por Karlos Osinaga (Lisabö) e coa colaboración de Anari.[3]

En 2011 Miren Iza anunciou nun comunicado que a banda ía toma un descanso indefinido por motivos persoais, sen especificar unha data de regreso aos escenarios.[4][5][6] Esta fuxida foi provocada porque a Miren lle ofreceron traballo en Nova York para exercer a súa outra gran paixón, a psiquiatría. Durante este ano e medio, mantivo en certo xeito a súa actividade musical en Estados Unidos, ofrecendo pequenas xiras e producindo novas cancións.[7][8]

En 2013 presentouse a curtametraxe Ignonauta, dirixido polo realizador Raúl Santos, protagonizado por Miren Iza, e construída arredor de tres cancións inéditas de Tulsa: "Bórrame del mapa", "Verano averno" e "El baile", producidas por Subterfuge Records.[9][10]

En xaneiro de 2015 presentaron o seu novo traballo "La calma chicha" (Gran Derby Records), cun son innovador e as letras desoladoras dos discos anteriores. O disco foi gravado en Madrid e producido por Carasueño, Charlie Bautista e a propia Miren. Créanse impoñentes atmosferas infestadas de sintetizadores e caixas de ritmos que adornan a voz doce e á vez desgarrada e melancólica de Miren. A espera valeu a pena, e nel destacan temas como "Oda al amor efímero", "Gente común" (posible homenaxe a Pulp e declarado Melocotonazo apadrinado nacional do ano no programa Hoy empieza todo de Radio 3), ou a brutal "En tu corazón sólo hay sitio en los suburbios".

A música de Tulsa percorre toda a película desde o inicio, mesmo chega a formar parte dela aparecendo a propia Miren en concerto en varios bares durante a trama, tomando máis adiante un singular e simbólico papel nela.

Remove ads

Discografía

  • Tulsa (Lucinda Records, 2006)
  • Solo me has rozado (Subterfuge Records, 2007)
  • Espera la pálida (Subterfuge Records, 2010)
  • La calma chicha (Gran Derby Records,2015)
  • Centauros (I*M Records, 2017)

Outros

  • B.S.O. Ignonauta (Subterfuge Records, 2013)

Recoñecementos

  • En abril de 2015, o grupo acadou o premio Biznaga de Prata á mellor música no 18º Festival de cine español de Málaga pola súa participación a banda sonora de Los exiliados románticos, dirixida por Jonás Trueba.
  • En 2024, recibiu o Premio Nacional das Músicas Actuais.[11]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads