Type O Negative
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Type O Negative foi unha banda estadounidense de metal gótico formada en Brooklyn, Nova York en 1989,[1] por Peter Steele (voces e baixo), Kenny Hickey (guitarra e coros), Josh Silver (teclados e coros) e Sal Abruscato (batería e percusión), que posteriormente foi substituído por Johnny Kelly. O seu énfase lírico en temas de romance, depresión e morte deulles o alcume de "The Drab Four"[2] (en homenaxe ao algume dos Beatles "Fab Four"). A banda conseguiu o disco de platino co seu álbum de 1993 Bloody Kisses, e o de ouro con October Rust, de 1996, e gañou unha gran base de seguidores grazas aos seus sete álbums de estudio,[3] dous recompilatorios de grandes éxitos e varios concertos en DVD.

O 14 de abril de 2010, o vocalista, baixista e principal compositor Peter Steele morreu dunha insuficiencia cardíaca provocada por un aneurisma aórtico.[1] Kenny Hickey e Johnny Kelly afirmaron nunha entrevista en novembro de 2010 na revista francesa Rock Hard que a banda non continuaría.
Remove ads
Discografía
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads