Ulster

provincia de Irlanda From Wikipedia, the free encyclopedia

Ulstermap
Remove ads

O Ulster[1] ou Úlster (en irlandés: Cúige Uladh) é unha das catro provincias tradicionais de Irlanda, e recolle os seis condados que están en posesión do Reino Unido (Irlanda do Norte) e tres dos que están en posesión da República de Irlanda, constituída como Estado Libre Irlandés. A cidade máis importante é Belfast.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Lingüística

Úlster é tamén o nome do dialecto do idioma irlandés orixinario desta parte da illa. Tradicionalmente era un núcleo de falantes de gaélico, xunto a Escocia e a Illa de Mann. Hoxe a gran maioría da poboación da provincia fala inglés; o irlandés é o segundo idioma máis falado. Segundo o Censo de Irlanda do Norte de 2011, aproximadamente o 10 % dos habitantes desta rexión ten un coñecemento xeral do idioma irlandés e o 4,7 % da poboación pode falar, escribir, ler e entender o idioma.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads