Undertow

álbum de Tool From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Undertow é o primeiro álbum da banda de metal progresivo estadounidense Tool. Foi editado o 6 de abril de 1993 polo selo Zoo Entertainment. Durante unha época na cal o grunge estaba no seu punto máis alto de popularidade, e o pop punk comezaba a emerxer coa axuda das radios, Undertow axudou ao metal a continuar destacando como estilo musical, e permitiu a varias bandas posteriores facerse un oco a través do mainstream. No mes de xullo do ano 2010 o álbum levaba vendidas 2.900.000 copias nos Estados Unidos.

Datos rápidos Autoría, Publicación ...

O álbum foi gravado entre outubro e decembro do ano 1992 nos Grand Master Studios, situados en Hollywood, California, por Sylvia Massy. Algunhas das súas cancións son temas que a banda decidiu non incluír no seu primeiro EP, Opiate.

A portada do álbum foi deseñada polo guitarrista Adam Jones. Fotos no libreto dunha muller obesa núa, un home tamén nu e unhas imaxes dos membros do grupo con agullas inseridas na cara xeraron moita controversia, facendo que o álbum fose retirado de moitas tendas como Kmart e Wal-Mart. A banda reaccionou editando outra versión, na cal aparecía un gran código de barras nun fondo branco. Nesta versión incluíase unha nota do grupo explicando a autocensura.

Undertow foi elixido décimo mellor álbum do ano 1993 pola publicación Alternative Press[1]

Remove ads

Listaxe de cancións

Todas as letras escritas por Maynard James Keenan, agás onde se indique, toda a música composta por Adam Jones, Danny Carey, e Paul D'Amour, agás "Sober", escrita por Keenan, Jones, Carey e D’Amour..

Máis información N.º, Título ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads