Unión Demócrata Cristiá de Alemaña
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU - Christlich Demokratische Union Deutschlands) é un partido político de centro-dereita de Alemaña que se fundou en 1945, é membro da Unión Demócrata Internacional. A CDU non opera en Baviera, aínda que mantén acordos de colaboración coa Unión Social Cristiá en Baviera e no Bundestag os dous partidos forman un único grupo. Dende a formación da República Federal Alemá, a CDU formou parte da maioría dos executivos federais e chanceleres como Konrad Adenauer, Helmut Kohl ou Angela Merkel foron militantes democristiáns.
En 2020, a CDU sumaba 399 110 afiliados.[1] Ademais, nas eleccións federais de 2021 logrou 152 deputados no Bundestag (sobre 736),[2] e, en xaneiro de 2022, integra en solitario ou en coalición 9 dos 16 gobernos dos estados federados (Länder).
Remove ads
Historia
Fundación
A CDU fundáronna despois da Segunda guerra mundial militantes e dirixentes do antigo partido católico, Zentrum, pero tamén participaron na súa fundación políticos protestantes procedentes doutros partidos ou sen afiliación anterior. O seu primeiro líder foi Konrad Adenauer, o primeiro chanceler da República Federal de Alemaña, que tivo ao CDU como o principal partido ata que a partir de 1966 entrou en crise, aínda que se mantivo no poder ata 1969 grazas a unha coalición co Partido Socialdemócrata de Alemaña cun chanceler da CDU.
CDU da RDA

Na Alemaña do Leste (RDA) o partido coas mesmas siglas (en alemán: Christlich-Demokratische Union Deutschlands; CDU) foi fundado o 26 de xuño de 1945. Formou parte da Fronte Nacional de partidos xunto ao Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED) até 1989. Nos anos 1980 chegou a ter entre as súas filas máis de 140.000 militantes.[3] Despois da caída do muro de Berlín, nas eleccións do 18 de marzo de 1990 acudiu xunto ao CDU occidental e tras a Reunificación alemá en outubro dese ano, ambos os partidos acabaron uníndose.
Década dos 80 e reunificación
En 1982 a CDU volveu ao poder ao pactar coa FDP. En 1983 baixo o liderado de Helmut Kohl gañou as eleccións e converteuse no novo chanceler da RFA. Kohl foi o gran valedor da reunificación das dúas alemañas tras a caída do Muro en 1989, que se produciu finalmente o 3 de outubro de 1990. A CDU gañou as eleccións da nova Alemaña unificada pero perdeu moito da súa popularidade pola recesión económica na antiga RDA e o aumento dos impostos no oeste, aínda así gañou tamén as eleccións de 1994.
Helmut Kohl foi o líder do partido ata a desfeita electoral de 1998, sucedeuno Wolfgang Schäuble, quen como consecuencia dun escándalo sobre o financiamento do partido dimitiu no ano 2000. O goberno francés liderado por François Mitterrand estaba interesado en que a empresa petroleira francesa Elf Aquitaine quedase coa refinaría de Leuna, da empresa pública Minol situada na Alemaña do Leste. Estas operacións foron escondidas e só se descrubiron no 1999, co triunfo da oposición.[4] Schäube foi substituído por Angela Merkel. A CDU da RFA promovera durante décadas unha visión conservadora da familia e da sociedade -coas mulleres apartadas da política- antes de levar a unha muller á chancelería en 2005.[5]
Remove ads
Líderes
- Konrad Adenauer (1950-1966)
- Ludwig Erhard (1966-1967)
- Kurt Georg Kiesinger (1967-1971)
- Rainer Barzel (1971-1973)
- Helmut Kohl (1973-1998)
- Wolfgang Schäuble (1998-2000)
- Angela Merkel (2000-2018)
- Annegret Kramp-Karrenbauer (2018-2021)
- Armin Laschet (2021-2022)
- Friedrich Merz (2022-presente)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads