Universidade Brown

From Wikipedia, the free encyclopedia

Universidade Brownmap
Remove ads

A Universidade Brown (en inglés: Brown University) é unha universidade privada estadounidense localizada en Providence, no estado de Rhode Island. É unha das oito universidades que conforman a Ivy League, e neste contexto é unha das universidades máis prestixiosas do mundo. É a sétima institución de ensino superior máis antiga dos Estados Unidos e unha das nove establecidas antes da independencia en 1776.[1]

Datos rápidos Instancia de, Epónimo ...
Remove ads

Historia

Fundada en 1764 como College of the English Colony of Rhode Island,[2] Brown foi a primeira universidade estadounidense que aceptou alumnos de todas as afiliacións relixiosas.[3] En 1804, a universidade foi renomeada en honra de Nicholas Brown, que contribuíra con 5000 dólares á institución.[4]

En 1891, Brown creou un college feminino (Pembroke College), que posteriormente se uniu ao college masculino en 1971.

Remove ads

Organización

Brown é coñecida polos seus programas de estudo únicos, exemplificados no New Curriculum (Novo Currículo) instituído en 1969.[5] Baixo o New Curriculum, un alumno xa non está obrigado a tomar unha distribución de cursos entre diferentes materias, e o sistema de notas foi simplificado.

Brown conta con preto de 100 carreiras con titulación de grao, e máis de 50 carreiras a nivel posgraduado. Tamén ten unha escola de medicina (Brown Medical School), con 326 estudantes. Conta cunha escola de saúde pública e unha de enxeñaría entre outras.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads