Universidade de California, San Francisco

universidade pública de San Francisco en California From Wikipedia, the free encyclopedia

Universidade de California, San Franciscomap
Remove ads

A Universidade de California, San Francisco (UCSF) é unha das universidades do sistema da Universidade de California, localizada na cidade de San Francisco.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Remove ads

Historia

A Universidade de California en San Francisco remonta a súa historia a Hugh Toland, un cirurxián de Carolina do Sur que tivo un grande éxito e riqueza despois de mudarse a San Francisco en 1852.[1] Unha escola anterior, o "Cooper Medical College" da Universidade do Pacífico (fundada en 1858), entrou nun período de incerteza en 1862 cando morreu o seu fundador, Elias Samuel Cooper.[2]

En 1864 Toland fundou unha nova Escola de Medicina, "Toland Medical College", e a Facultade do "Cooper Medical College" optou por suspender as operacións e unirse á nova Escola.[3]

A Universidade de California foi fundada o 23 de marzo de 1868, coa promulgación da súa Lei Orgánica. A Sección 8 da Lei Orgánica autorizou ao Consello de Rexentes a afiliar á Universidade de California a colexios profesionais independentes e autosuficientes.[3][4] En 1870, a Facultade de Medicina de Toland comezou a negociar unha afiliación á nova universidade pública.[5]

En marzo de 1873, os administradores do "Toland Medical College" trasladárono aos rexentes da Universidade de California, e converteuse no Departamento de Medicina da Universidade de California.[2]

Remove ads

Actividades

A misión de UCSF é a de servir como unha "universidade pública dedicada a salvar vidas e mellorar a saúde." O Centro Médico da UCSF está continuamente clasificado entre os 10 mellores hospitais dos Estados Unidos por US News & World Report, que tamén clasificou o seu programa de coidado médico para a SIDA en primeira posición no país.

Entre os dez campus da Universidade de California, é o único dedicado exclusivamente á educación de posgrao en Ciencias da Saúde e Biomedicina.[6][7][8][9]

Está recoñecida como unha das grandes facultades de Medicina dos Estados Unidos.

Algúns dos centros de tratamento da UCSF inclúnen transplantes de ril e de fígado, radioloxía, neurocirurxía, neuroloxía, oncoloxía, oftalmoloxía, terapia xénica, saúde da muller, cirurxía fetal, pediatría e medicina interna.

Tamén é coñecida porque o seu investigador e profesor Stanley B. Prusiner, director do Instituto de Enfermidades Neurodexenerativas da Universidade, descubriu en 1982 os prións, causantes, entre outras, da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob e da enfermidade das vacas tolas (encefalopatía esponxiforme bovina),[10] polo que, en 1997 foille outorgado o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.[10]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads