Universidade de Helsinqui
universidade pública finesa da cidade de Helsinki From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Universidade de Helsinqui, en finés Helsingin Yliopisto (abreviatura HY) e en sueco Helsingfors Universitet (abreviatura HU), é unha universidade pública, a máis antiga de Finlandia, e a maior en canto ao número de estudantes e facultades, cunha ampla gama de disciplinas dispoñíbeis.
No ano 2018, 31 200 estudantes matriculáronse nos programas de estudos da universidade. Deles 16 647 cursaban un grao, 9 976 eran estudantes de posgrao, e 4 316 de doutoramento, repartidos en 11 facultades e 11 institutos de investigación.

A universidade é bilingüe e imparte ensinanzas por lei tanto en finés como en sueco. Dado que o sueco, aínda que un idioma oficial de Finlandia, é unha lingua minoritaria, o finés é de lonxe o idioma dominante na universidade. O ensino en inglés é extenso en toda a universidade a nivel de máster, licenciado e doutoramento, o que o converte nun terceiro idioma de ensino de facto.
Manténdose fiel ao seu espírito tradicionalmente humboldtiano, a Universidade de Helsinqui pon grande énfase na ensinanza e a investigación de alta calidade dun estándar internacional superior.[1]
Remove ads
Historia
A universidade foi fundada en 1640 pola raíña Cristina de Suecia na cidade de Turku (ou Åbo), cando Finlandia formaba parte do Imperio sueco, co nome de Real Academia de Turku, ou Real Academia de Åbo (en sueco: Kungliga Akademin i Åbo ou Åbo Kungliga Akademi, en latín: Regia Academia Aboensis, en finés: Turun akatemia).
Foi a única universidade finlandesa que se fundou cando o país aínda formaba parte do Imperio sueco.

Cando Finlandia foi anexionada ao Imperio ruso e se convertera no Gran Ducado de Finlandia baixo a soberanía do tsar, pasou a chamarse Academia Imperial de Turku. En 1828, despois do grande incendio de Turku de 1827, a institución trasladouse a Helsinqui, de acordo co traslado da capital do Gran Ducado, por estar situada máis cerca de San Petersburgo e porque, ademais, os novos mandatarios rusos vían con receo os estreitos lazos que seguía mantendo Turku coa capital sueca, Estocolmo. En Helsinqui a Academia foi rebautizada como Universidade Imperial Finlandesa de Alexandre, na honra do tsar Alexandre I e, tras a independencia de Finlandia en 1917, recibiu o seu actual nome, Universidade de Helsinqui, que se considera sucesora directa da Academia de Turku.
Remove ads
Na actualidade
A partir do 1 de agosto de 2005, a universidade cumpre coa estrutura harmonizada do Proceso de Boloña a nivel europeo e ofrece títulos de bacharel, máster, licenciado e doutoramento.[2]
A admisión aos programas de grao adoita determinarse en probas de acceso, no caso dos títulos de bacharel, e nos resultados previos do título, no caso dos títulos de máster e posgrao. A entrada é particularmente selectiva (aproximadamente só o 15 % dos solicitantes son admitidos cada ano). Foi clasificada entre as 100 mellores universidades do mundo segundo as clasificacións ARWU, QS e THE de 2016.[3][4][5]
A Universidade de Helsiqui é membro de varias importantes redes universitarias internacionais, como Europaeum, UNICA, a Rede Utrecht, e membro fundador da Liga de Universidades Europeas de Investigación.
Remove ads
Personalidades que estudaron nesta Universidade
- Artigo principal: Categoría:Alumnos da Universidade de Helsinqui.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads