Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle
organización de clasificación de videoxogos en Alemaña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle, traducido como Autocontrol no Software de Entretemento e abreviado comunmente como USK, é unha organización de clasificación de videoxogos en Alemaña.
Remove ads
Logotipo
O logotipo oficial de USK é un cadrado volteado de fondo amarelo e bordo branco, con 2 siluetas xuntas de cor negra no centro e unha banda gris coas letras USK nela. Tamén existen outros logotipos semellantes, diferenciados principalmente pola cor do fondo e o número que neles se indica, os cales cualifican o software segundo o seu contido e a idade dos usuarios a quen van destinados.
Clasificación konmafkntk
O software pode recibir unha das seguintes clasificacións:
A cualificación para determinados xogos pode referirse ás clasificacións mencionadas, no que algúns elementos do xogo poden ser cambiados a fin de lograr unha clasificación para usuarios máis novos ou para garantir que o xogo poida ser vendido. Por exemplo, a versión alemá de Grand Theft Auto, a partir da terceira entrega, foi editada cortando algunhas das súas características, tendo menos armas, non soltando diñeiro os civís unha vez mortos e desapareceron algunhas misións, podendo ser clasificada entón como "USK 16"; mentres que por outro banda, a versión estadounidense non foi editada e, polo tanto, só poden ser vendidos a adultos. Porén, Grand Theft Auto 4 non foi editado e recibiu unha cualificación de "USK 18".
Esta é unha práctica moi común, especialmente nos xogos que adoitan recibir unha cualificación "USK 18". Un problema potencial desta "autocensura" é que pode perderse o ambiente orixinal dun xogo. Nalgúns casos, houbbo que mudar a sinopse dalgúns xogos para poder optar por unha cualificación USK máis ampla.
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
- ESRB, sistema de clasificación de videoxogos nos Estados Unidos e no Canadá.
- OFLC, sistema de clasificación de multimedia en Australia e Nova Zelandia.
- ELSPA, primeiro sistema de clasificación de videoxogos británico, sucedido por PEGI.
- PEGI, sistema de clasificación de videoxogos en Europa.
- CERO, sistema de clasificación de videoxogos no Xapón.
- GSRR, sistema de clasificación de videoxogos asiático.
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en alemán)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads