Warframe
videoxogo de 2013 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Warframe é un shooter en terceira persoa free-to-play desenvolvido por Digital Extremes para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One. En Warframe os xogadores controlan os Tenno, unha raza de antigos guerreiros que espertan despois dun soño crioxénico para loitar unha guerra contra diferentes faccións usando traxes biomecánicos de forma remota, os chamados warframes, canalizando as súas diferentes habilidades.[1]
Digital Extremes comezou a beta pechada de Warframe o 24 de outubro de 2012, e tras varias versións posteriores[2] a beta aberta lanzouse o 25 de marzo de 2013.[3] A versión para PlayStation 4 publicouse en novembro de 2013,[4] mentres que a versión de Xbox One publicouse o 2 de setembro de 2014.[5]Warframe recibiu críticas mixtas, cunha puntuación de 68 sobre 100 en Metacritic baseada en nove críticas.[6] A versión para PS4 obtivo unha puntuación de 64 sobre 100 en Metacritic.[7]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads