Víctor Casas

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Víctor Casas
Remove ads

Víctor Casas Rey, nado na Coruña o 31 de xullo de 1900 e finado na Caeira (Poio) o 12 de novembro de 1936, foi un xornalista, actor e político galego que desenvolveu a súa actividade en Galicia.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Foi fillo de Félix Casas e Cinita Rey. En 1916 ingresou na Irmandade da Fala da Coruña. Tras abandonar o seu emprego como viaxante vendedor de calzado, en 1918 participou na I Asemblea Nacionalista de Lugo, da que saíu o «Manifiesto Nazonalista», que constituiría a base común de todos os programas do nacionalismo galego até a Guerra Civil, e combateu a ditadura de Primo de Rivera. Cabo de Federico Zamora percorreu o país para levar a mensaxe do nacionalismo galego.

Thumb
Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936.

Activo colaborador das Irmandades da Fala, e director d' A Nosa Terra desde 1922, foi un dos impulsores da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), participando nas reunións constituíntes do partido durante setembro de 1929. Aceptou o Pacto de Lestrobe (26 de marzo de 1930), pero non o Compromiso de Barrantes (25 de setembro de 1930) organizado polo Partido Autonomista Galego, e asinado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Florentino López Cuevillas, Valentín Paz-Andrade e Portela Valladares.

Non obstante, desencantado coa ORGA, pola súa deriva estatalista, participou, en 1931 na fundación do Partido Galeguista, do que foi presidente na provincia de Pontevedra e da Coruña. Partidario da alianza na Fronte Popular, tralo intento de golpe de Estado que deu lugar á Guerra Civil, foi detido, condenado por un consello de guerra e fusilado polas tropas franquistas no monte da Caeira, en Poio, a catro quilómetros de Pontevedra, xunto a outros dez republicanos.[2]

Remove ads

Vida persoal

Foi pai do pintor Víctor Casas Julián (1936-2025).

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads