Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, nado en Piñeira (Taboada) o 16 de setembro de 1934, é un político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Exerceu a avogacía desde 1963, compatibilizándoa co exercicio como Secretario municipal en Abadín (1963-1965), Antas de Ulla e por acumulación Monterroso, Guntín e Chantada (1965-1975) e Carballedo (1975-1983). Deu o seu primeiro salto á política en 1977, nun mitin da UCD en Chantada, ocupando neste ano o Comité Executivo Provincial deste partido en Lugo e a Secretaría de Política Municipal.

Tivo un papel decisivo na confección das listas electorais para as eleccións municipais de 1979 nos concellos do partido xudicial de Chantada, onde a UCD se impuxo por maioría absoluta en todos agás en Antas de Ulla. O seu irmán, Antonio Vázquez Portomeñe, resultou elixido alcalde de Taboada.[1]

Conselleiro sen carteira con Xosé Quiroga Suárez na preautonomía, foi un dos redactores do Estatuto dos dezaseis; deputado no Parlamento de Galicia por Alianza Popular e despois polo Partido Popular (1981-1997).

Foi conselleiro de Educación con Xerardo Fernández Albor (1983-1986) canalizando a asunción de competencias de xestión do sistema educativo e da ordenación universitaria. Durante o seu mandato aprobáronse os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, o 19 de outubro de 1985, co que se desbloqueaba a aplicación da Lei de Reforma Universitaria[2]. Cando o vicepresidente da Xunta Xosé Luís Barreiro Rivas presentou a súa dimisión, Vázquez Portomeñe seguiuno pero non na súa marcha de AP. De feito, asume a portavocía deste grupo facendo oposición ao tripartito PSOE-Coalición Galega-Partido Nacionalista Galego, nado da moción de censura a Albor [3].

Con Manuel Fraga foi conselleiro de Relacións Institucionais e voceiro do goberno (1990-1993), posto dende onde puxo en marcha o primeiro Ano Xacobeo como programa de difusión cultural, turística e institucional de Galicia co gallo do Ano Santo xubilar de 1993. Posteriormente, asumiu o cargo de conselleiro de Cultura (1993-1996) acadando a unanimidade no Parlamento de Galicia para os proxectos normativos que serían aprobados como a Lei 8/1995, do Patrimonio Cultural de Galicia e a Lei 3/1996, de Protección dos camiños de Santiago (ambas derrogadas pola Lei 5/2016). Puxo en funcionamento o Centro Superior Bibliográfico de Galicia e impulsou a rede de infraestruturas culturais a través da creación de casas de cultura nos municipios de Galicia[4] Finalmente foi conselleiro sen carteira para Asuntos Parlamentarios (1993-1997). Desde 1996 foi senador.

En 2010 recibiu a Medalla de Ouro de Galicia polos seus traballos a prol do turismo e da promoción do Ano Santo Xacobeo en Santiago de Compostela.[5]

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[6] e a praza fronte ao consistorio na localidade da Barrela leva o seu nome.

Remove ads

Vida persoal

Está casado coa escritora Otilia Seijas, e ten tres fillos. É irmán de Antonio Vázquez Portomeñe, avogado e alcalde de Taboada entre 1979-1983; de José Vázquez Portomeñe, que foi Secretario Xeral da Consellería de Traballo e Subdelegado do Goberno en Lugo; e de Segundo Vázquez Portomeñe, Xefe do Servizo de Promoción do Camiño de Santiago. O seu fillo, Víctor Manuel Vázquez-Portomeñe Seijas, foi durante un tempo Secretario Xeral da Consellaría de Pesca.[7]

Remove ads

Obras en castelán

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads