Proteína de membrana asociada a vesículas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As proteínas de membrana asociadas a vesículas (VAMP) son unha familia de proteínas SNARE de estrutura similar, que están principalmente implicadas na fusión de vesículas.
Membros desta familia son:
- VAMP1 e VAMP2 son proteínas coñecidas como sinaptobrevinas, que se expresan no cerebro e son constituíntes das vesículas sinápticas, onde participan na liberación de neuromediadores.
- VAMP3, coñecida como celubrevina, exprésase ubicuamente e participa na exocitose regulada e constitutiva como un constituínte dos gránulos secretores e de vesículas secretoras.
- VAMP4 está implicada no transporte desde o aparato de Golgi.[1]
- VAMP5 e VAMP7 (SYBL1) participan na exocitose constitutiva.
- VAMP6
- VAMP8, coñecida como endobrevina, participa na endocitose e encóntrase nos endosomas temperáns. A VAMP8 tamén participa na exocitose reglada nas células pancreáticas acinares.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads