VAMP2

From Wikipedia, the free encyclopedia

VAMP2
Remove ads

A proteína de membrana asociada a vesículas 2 (ou VAMP2, do inglés Vesicle-associated membrane protein 2) é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene VAMP2 do cromosoma 17.[1][2]

Datos rápidos Estruturas dispoñibles, PDB ...
Thumb
Modelos hipotéticos de conformacións de VAMP2 e intervención na ensamblaxe do complexo SNARE para a liberación de neurotransmisores
Remove ads

Función

As sinaptobrevinas/VAMPs, sintaxinas e a proteína asociada ao sinaptosoma de 25 kD SNAP25 son os principais compoñentes dun complexo proteico implicado no atraque e/ou fusión de vesículas sinápticas coa membrana presináptica. A VAMP2 é un membro da familia da proteína de membrana asociada a vesículas (VAMP)/sinaptobrevina. Crese que a VAMP2 participa na liberación de neurotransmisores nun paso entre o atraque e a fusión. Os ratos que carecen dun xene funcional sinaptobrevina2/VAMP2 non poden sobrevivir despois do nacemento, e teñen unha transmisión sináptica drasticamente reducida, arredor do 10% do control.[3] A proteína forma un complexo estable coa sintaxina, a SNAP25, e a complexina. Tamén forma un complexo diferente coa sinaptofisina.[2]

Remove ads

Importancia clínica

A VAMP2 é un probable xene candidato causante da miastenia infantil familiar debido ao seu mapa de localización e porque codifica unha proteína das vesículas sinápticas do tipo da que foi implicada na patoxénese de dita miastenia.

Interaccións

A VAMP2 presenta interaccións con:

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads