Valentín Arias

escritor, tradutor e ensaísta galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Valentín Arias
Remove ads

Valentín Arias López, nado na Vilerma (Maside, Sarria) o 21 de abril de 1934 e finado en Sarria o 25 de marzo de 2011[1], foi un escritor, tradutor e ensaísta galego. Foi o pai da escritora Xela Arias.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Diplomado en Maxisterio, exerceu como mestre e director da Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros (1955-1965). Dirixiu explotacións de froiteiras en Chantada e Outeiro de Rei (1965-1968) e participou no movemento agrícola cooperativista de Lugo organizando unha Cooperativa Escolar de Producións Hortícolas (1968-1969). Dende 1969 e ata a súa xubilación en 1994, exerceu a docencia na Escola de EXB de Moledo (Sárdoma, Vigo). Traballou na Fundación Penzol (1970-1975) e foi xerente da Editorial Galaxia (1975-1978). Colaborou en El Progreso e Grial. Recibiu o premio de Tradución Plácido Castro en 2001.

En 2008, a entón Consellería de Cultura e Deporte homenaxeou a Valentín Arias co gallo do Día Internacional da Tradución, celebrado o 30 de setembro daquel ano. Recoñecía e premiaba deste xeito o traballo desenvolvido durante anos [2].

Remove ads

Obra

Thumb
Placa conmemorativa na casa na que viviu na Vilerma.

Ensaio

  • A lingua galega na escola, 1969, Galaxia.
  • Lecturas galegas, 1972.
  • A escola rural en Galicia, 1975.
  • Lois e Sabela, 1983.
  • Catro nenos, 1984.
  • En galego sen erros, 1991, Xunta de Galicia.
  • Escribir ben, 1991, Xunta de Galicia.
  • Libro de estilo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Prontuario ortográfico de galego, 1993, Edicións do Cumio.
  • Avelino Pousa Antelo: Galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural, 2004, Ir Indo.

Traducións

Thumb
Valentín Arias
  • A guerrilla antifranquista en Galicia, de Hartmut Heine, 1980, Xerais.
  • Lendas islandesas, de Skúli Gislason, 1982, Xerais, con J. A. Fernández Romero.
  • A volta ó mundo en oitenta días, de Jules Verne, 1983, Xerais.
  • Diego Xelmírez, de Gordon Biggs, 1983, Xerais.
  • Obxectivo: a lúa, de Hergé, 1983, Juventud.
  • O abeto, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais.
  • Carapuchiña vermella, de Charles Perrault, 1984, Xerais.
  • Cincenta, de Charles Perrault, 1984, Xerais.
  • Hänsel e Gretel, dos irmáns Grimm, 1984, Xerais.
  • A muller silveira: conto noruego, 1984, Xerais.
  • O paxaro do engano, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais.
  • O pescador e a súa muller, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais.
  • O príncipe Ring: conto islandés, 1984, Xerais.
  • O soldadiño de Chumbo, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais.
  • Xacobo e o feixó: conto inglés, 1984, Xerais.
  • A Bela e a Besta, segundo Madame de Villeneuve, 1985, Xerais.
  • A pastora dos gansos, dos irmáns Grimm, 1985, Xerais.
  • A raiña das abellas, dos irmáns Grimm, 1985, Xerais.
  • Viaxe ao centro da Terra, de Jules Verne, 1985, Xerais.
  • Contos ó telefono, de Gianni Rodari, 1986, Juventud.
  • Nevebranca e Rosavermella, dos irmáns Grimm, 1986, Xerais.
  • A raiña das neves, de Hans Christian Andersen, 1986, Xerais.
  • Raponcia, de Hans Christian Andersen, 1986, Xerais.
  • Mondo e outras historias, de Jean-Marie Gustave Le Clézio, 1987, reeditado en 2008, Xerais, con Raquel Villanueva.
  • Da terra á lúa, de Jules Verne, 1988, Cumio[3].
  • Os Reis Magos, de Michel Tournier, 1988, Xerais.
  • O urogalo, de Michel Tournier, 1988, Xerais.
  • O cetro de Ottokar, de Hergé, 1989, Juventud.
  • O enxeñoso rato e o axóuxere de lata, de Elisa Ramón, 1989, Ángulo.
  • Os galeóns de Rande, de Robert Sténuit, 1989, Xerais.
  • As 7 bolas de cristal, de Hergé, 1989, Juventud.
  • Voo de noite, de Antoine de Saint-Exupéry, 1989, Xerais.
  • O xardín, de Marguerite Duras, 1989, Xerais.
  • Chamábase Jan, de Irina Korschunow, 1990, Xuvenil Alfaguara.
  • O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes, con Xela Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez, Xavier Senín e Xesús Senín, 1990, Xuntanza.
  • Na Roma de Augusto: o fundador do Imperio, de Fiona Macdonald, 1990, Xerais.
  • No Exipto de Ramsés II : o gran faraón, de Jacqueline Morley, 1990, Xerais.
  • Oposicións a bruxa e outros contos, de José Antonio del Cañizo, 1990, Anaya.
  • A orella rota, de Hergé, 1990, Juventud.
  • O silencio do mar e outras narracions, de Vercors, 1990, Edicións do Cumio.
  • O estranxeiro, de Albert Camus, 1991, Edicións do Cumio.
  • O quinto real, de Scott O'Dell, 1991, Edicións S. M.
  • Tintín no Congo, de Hergé, 1991, Juventud.
  • Marcelino pan e viño, de José María Sánchez Silva, 1993, Xunta de Galicia.
  • O conto da serea, de Gonzalo Torrente Ballester, 1994, Juventud.
  • O hostal dos deuses amables, de Gonzalo Torrente Ballester, 1994, Juventud.
  • Contos á máquina, de Gianni Rodari, 1995, Juventud.
  • Trobadores e xograres: contexto histórico, de António Resende de Oliveira, 1995, Xerais.
  • A fractura do miocardio, Jacques Fansten, 1996, Xerais.
  • Un espía chamado Sara, de Bernardo Atxaga, 1998, Edicións S. M.
  • Lombroso e os anarquistas, de Ricardo Mella, 1999, Xerais.
  • O sobriño de Rameau, de Diderot, 2001, BIVIR.[4]
  • A pantasma de Canterville, de Oscar Wilde, 2008, Almadraba.
  • Robinson Crusoe, de Daniel Defoe, 2008, Almadraba.

Edicións

Obras colectivas

  • Antonio Fernández López: empresario, reformador e filántropo, 2001, Ir Indo, con Avelino Pousa Antelo.
  • Lois Tobío: O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo, 2004, Ir Indo, con Xulio Ríos.
  • Xela Arias, quedas en nós, Xerais, 2004.

Traducións colectivas

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads