Valentina Tereshkova
astronauta rusa, a primeira muller en órbita From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Valentina Vladimirovna Tereshkova (en ruso: Валентина Владимировна Терешкова), nada en Bolshoye Maslennikovo (oblast de Yaroslavl) o 6 de marzo de 1937, é unha excosmonauta, enxeñeira e política rusa. Foi a primeira muller da historia en permanecer en órbita no espazo exterior, a bordo do Vostok 6 o 16 de xuño de 1963.[1] Para iso, foi seleccionada entre máis de catrocentos aplicantes e cinco finalistas. Orbitou a Terra corenta e oito veces, e permanece a día de hoxe como a única muller en facer en solitario unha misión espacial.[2][3]
Remove ads
Traxectoria
Despois da escola, traballou en factorías téxtiles e estudou enxeñaría. Practicou o paracaidismo nun club local, facendo o seu primeiro salto con 22 anos, o 21 de maio de 1959. No ano 1961 foi secretaria do Komsomol (Liga Xove Comunista) e despois, membro do Partido Comunista da Unión Soviética. Para unirse ó corpo de cosmonautas, Tereshkova ingresou honorariamente nas Forzas Aéreas Soviéticas, tornándose polo tanto na primeira civil en voar ó espazo.[4] Despois da disolución do primeiro grupo de mulleres cosmonautas (Tatyana Kuznetsova, Valentina Ponomaryova, Irina Solovyova, Zhanna Yorkina e Tereshkova) en 1969, foi unha prominente afiliada do Partido Comunista da Unión Soviética, ocupando varios cargos políticos. Permaneceu activa despois do colapso da Unión Soviética e é vista na actualidade como unha heroína en Rusia e no mundo enteiro.
Casou en novembro de 1963 co tamén cosmonauta Andriian Grigorevich Nikolaev co que tivo unha filla, Elena Andrionova. Divorciáronse en 1982. O seu segundo marido, o ortopedista Iuli G. Shaposhnikov, faleceu en 1999.
- Actividade social
En 2011, foi elixida para a Duma Estatal de Rusia do partido Rusia Unida na lista rexional de Yaroslavl. Tereshkova, xunto con Elena Mizulina, Irina Yarovaya e Andrey Skoch [5][6][7], é membro dun grupo interfacial de deputados para a protección dos valores cristiáns; nesta calidade, apoiou a introdución de emendas á Constitución rusa, segundo as cales, "a ortodoxia é a base da identidade nacional e cultural de Rusia". Vicepresidente da Comisión de Estrutura Federal e Autonomía Local da Duma Estatal desde o 21 de decembro de 2011.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads