Vendaxe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha venda[1] ou vendaxe[2] é unha tira téxtil ou doutro material que se usa para deter e absorber o sangue das feridas, proporcionar soporte e estabilización a lesións, e asegurar apósitos ou outros dispositivos médicos no seu lugar.
Na fala común, a palabra "venda" úsase a miúdo para significar un apósito, aínda que tecnicamente as dúas son cousas diferentes.
Remove ads
Tipos de vendaxes
As vendaxes son fundamentais para o coidado médico e deportivo, con diferentes tipos adaptados a necesidades específicas.
- Vendaxes de gaza: Feitas de algodón ou mesturas, empregadas para cubrir feridas e proporcionar soporte.
- Vendaxes elásticas: Material elástico para presión controlada, útil contra as inflamacións e os edemas.
- Vendaxes adhesivas: Con adhesivo incorporado, usadas para fixar apósitos e dar soporte aos músculos en deportes.
- Vendaxes tubulares: Fáciles de aplicar nas extremidades, serven para manter apósitos en áreas complicadas.
- Vendaxes de compresión: Usadas para exercer presión e tratar condicións como as varices ou previr trombose posquirúrxica.
Outro tipo particular son as vendaxes neuromusculares, cuxa eficacia é debatida. A pesar do seu estendido uso, non demostrou eficacia no seu uso en ensaios clínicos[3][4] e non hai evidencia científica de que proporcionen algún beneficio superior ao placebo, polo que é considerada por algúns un tratamento de pseudociencia.[5][6][7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads