Verba que comenza
obra literaria de María Mariño From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Verba que comenza[1] é un libro composto por 27 poemas, de María Mariño Carou, publicado postumamente no ano 1990.
Remove ads
Descrición
Escribiu estes versos entre 1966 e 1967, enferma de leucemia,[2] amosando a angustia ante a inminencia do pasamento. A súa poética é radicalmente intimista, cunha linguaxe rupturista.
O volume foi rematado en marzo de 1967, dous meses antes de morrer, mais non foi publicado até 1990 da man do concello de Noia, promovido por Uxío Novoneyra e Antón Avilés de Taramancos.
“ | En Verba que comenza, Mariño Carou acusa un retorno ó seu mar nativo e as cousas que sempre envolven o seu mundo tórnanse nas do mar, que conforman, coas da serra, o áspero mundo que se resolve no seu último poema que comeza Cántos alentos pra unha fosa-Deus! / Cántas pontes para un arco!, unha composición que confirma a súa voz magoada e a constante forma que tiña de rodearse das cousas concretas.[3] | ” |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads