Vern Mikkelsen
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Arild Verner Agerskov "Vern" Mikkelsen, nado o 21 de outubro de 1928 en Parlier, no condado de Fresno (California) e finado o 21 de novembro de 2013 en Wayzata (Minnesota), foi un xogador de baloncesto estadounidense que disputou dez tempadas na NBA, todas elas nos Minneapolis Lakers. Foi coñecido por ser o primeiro xogador que evolucionou o posto de ala-pivote no baloncesto moderno.
Remove ads
Traxectoria
Universidade
Xogou durante 4 tempadas cos Pipers da Universidade Hamline, nos que promediou 13,6 puntos por partido.
Profesional
Foi elixido na undécima posición do Draft da NBA de 1949 por Minneapolis Lakers como elección territorial. Formou xunto con George Mikan e Jim Pollard un dos mellores frontcourt[1] da historia da NBA, e xuntos gañaron catro aneis de campión na década de 1950. Foi elixido para o NBA All-Star Game en seis ocasións, e incluído no segundo mellor quinteto da liga noutras catro.
Acabou a súa carreira deportiva ao finalizar a tempada 1958-59, con trinta anos de idade, perdéndose tan só catro partidos nas dez tempadas que disputou. Durante tres tempadas consecutivas foi o xogador que máis faltas persoais realizou, e aínda mantén a dubidosa honra de ser o xogador que máis veces foi descualificado por faltas en toda unha carreira, con 127. En total tivo unha media de 14,4 puntos e 9,4 rebotes por partido.
Equipos
Remove ads
Vida posterior
A finais dos 60 foi adestrador e director xeral do equipo de Minnesota Pipers da American Basketball Association.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads