Vicente Cervera Llorga

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Vicente Cervera Llorga, nado en La Vila Joiosa (Alacant) o 24 de maio de 1945, é un exfutbolista galego. Xogaba de interior.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Formouse no equipo xuvenil do Villajoyosa, pasando logo ao Alicante, da Terceira División.[1] En 1966 fichou polo Hércules, co que debutou na Primeira División nun partido contra o Pontevedra no campo de La Viña. Xogou 40 partidos co club alacantino nos seguintes dous anos, nos que descendeu dúas veces seguidas, ata a Terceira División.

En 1968 fichou polo Deportivo da Coruña,[1] club no que xogou durante seis campañas, disputando 156 partidos e marcando 21 goles. Viviu co equipo galego tres descensos de categoría e un ascenso a Primeira con Arsenio no banco. Deixou o Deportivo en xuño de 1974, tralo descenso a Terceira División, e sete meses despois asinou co Deportivo Alavés, de Segunda, onde rematou a súa carreira.[2]

Trala súa retirada foi segundo adestrador de Arsenio no Deportivo e dirixiu o Benidorm en Segunda División B.[3][4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads