Vickers Valiant
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Vickers Valiant foi un bombardeiro a reacción de grande altitude británico deseñado para levar armas nucleares, e nos anos 50 e 60 foi parte da forza de disuasión estratéxica de bombardeiros V da Royal Air Force. Foi desenvolvido por Vickers-Armstrongs en resposta á Especificacción B.35/46 publicada polo Ministerio do Aire para un bombardeiro a reacción con armas atómicas. O Valiant foi o primeiro dos bombardeiros V en estar operativo, e foi seguido polo Handley Page Victor e o Avro Vulcan. O Valiant foi o únco bombardeiro V en lanzar armas nucleares (en probas).[1]
En 1956 Valiants operando dende Malta realizaron misións de bombardeo convencionais sobre Exipto na Operación Musketeer durante a guerra de Suez. Dende 1956 ata principios de 1966 a principal forza de Valiant usouse no rol de disuasión nuclear na confrontación entre as potencias da OTAN e do Pacto de Varsovia. Outros escuadróns realizaron tarefas de repostaxe en voo e guerra electrónica.
En 1962, en resposta aos avances na tecnoloxía soviética de mísiles terra-aire (SAM), a frota da forza V cambiou de voos a grande altitude a voos a baixa cota para evitar ataques de SAM que poderían recibir se voaban a moita altura. En 1964 descubríuse que os Valiants amosaban fatiga e corrosión cristalina nas pezas forxadas de fixación do longueiro traseiro da á. A finais de 1964 estaba un marcha un programa de reparación, pero un cambio no goberno levou a que o novo ministro de defensa Denis Healey decidise que o Valiant debería retirarse do servizo, feito que ocorreu a principios de 1965. Os bombardeiros V Victor e Vulcan permaneceron en servizo ata os anos 80.
Remove ads
Notas
Bibliografía
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads