Victoria Club de Fútbol

club de fútbol galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Victoria Club de Fútbol
Remove ads

O Victoria Club de Fútbol é un club de fútbol galego, fundado na Coruña en 1943. Compite no Grupo Norte (subgrupo B) da Preferente Galicia.

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...
Thumb
Victoria CF 2022-23.

Xoga cun equipamento de raias brancas e negras, motivo polo que os seus xogadores son alcumados "as cebras". O club é coñecido pola súa canteira, a maior de Galicia con preto de 30 equipos,[1] da que teñen saído futbolistas como Amancio Amaro, Manín, Jaime Blanco, Moncho Parada, Lucas Pérez, Raúl Carnero ou Juan Carlos Real.[2] Conta tamén con conxuntos femininos, militando o primeiro equipo na Primeira Nacional, terceira categoría do fútbol feminino en España.

Remove ads

Historia

Foi fundado en febreiro de 1943 no barrio coruñés de Santa Lucía, sendo Luis Ríos o seu primeiro presidente.[2] Realizou a súa presentación o 2 de abril de 1944, dirixido por Hilario Marrero, nun partido amigable contra o Centro Deportivo de Santa Lucía, gañando por 2-0.[3] En 1955 o club trasladou a súa sede á Falperra.[4] Ríos presidiu a entidade durante 35 anos, o que o converteu no seu momento no presidente dun club de fútbol de España con máis tempo no cargo. En 1978 subsituíuno o ex xogador do club, José María Panizo.[5]

Thumb
Amancio Amaro, xogador do club na década de 1950.

Militou durante case medio século na liga de modestos da Coruña, alternando entre a primeira e a segunda división. Na tempada 1970/71 o capitán do equipo, Kubala, levantou por primeira e única vez na historia do club o trofeo da Primeira División, despois de perder pola mínima no partido decisivo contra o Español nun ateigado campo da Granxa, resultado que lle bastaba para gañar o título por diferenza de goles.[6] O Victoria formou naquel encontro con Goloso, Juan, Quique, Tito, Suso (Cameselle I), Cameselle II, Lete, Pacuchín, Carreras, Kubala e Toñito. Adestraba o equipo Juan Miguel Solé, trala marcha de Luis Precedo, mentres que o dianteiro Enrique Carreras foi o máximo goleador do campionato.[7] Dous meses despois o equipo proclamouse tamén campión galego de modestos, ao derrotar na final do Torneo de Campións ao Xuventude de Cambados por 2-0.[8]

Na tempada 1992/93 pasou a competir na Terceira Autonómica de Galicia, na que militou tres tempadas antes de lograr o ascenso a Segunda. Despois de 13 tempadas nesa categoría, na 2008/09 ascendeu a Primeira Autonómica, e 11 anos despois conseguiu un novo ascenso, á Preferente Galicia, con Diego Armando García no banco.[9] No seu debut na categoría, o equipo rematou terceiro do seu subgrupo, a só dous puntos dos postos de promoción de ascenso que ocuparon Sofán e Montañeros.

Ese terceiro posto na liga deulle acceso á fase de clasificación para a Copa do Rei 2021/22. Disputou primeiro unha previa territorial con equipos galegos dos outros subgrupos da Preferente, quedando encadrado nun grupo co Dubra e o Santaballés. Empatou co Dubra 2-2 e goleou 4-0 ao Santaballés, facéndose así co primeiro posto do grupo e pasando á eliminatoria final contra o Xuventude de Cambados. No partido, disputado no Estadio García Hermanos de Betanzos, comezou gañando o equipo cambadense, pero Edu puxo o empate e finalmente o Victoria logrou vencer na quenda de penaltis.[10] Deste xeito accedeu á fase previa interterritorial, na que quedou emparellado co Hernani en busca dun posto na fase final da Copa do Rei. O histórico encontro, disputado o 17 de novembro de 2021 no Campo Rodrigo García Vizoso, rematou con vitoria coruñesa despois de que Iago Pérez marcase o único gol do partido e de que o gardameta Jano detivese un penalti nos minutos finais.[11]

O sorteo deparou un enfrontamento contra o Villarreal, vixente campión da Europa League e participante na Liga de Campións. O partido disputouse no estadio de Riazor, fronte a uns 5.000 espectadores, e o Villarreal saltou ao terreo de xogo con varios xogadores internacionais ou que o foran no pasado, como Mario Gaspar, Paco Alcácer, Mandi, Estupiñán, Chukwueze, Alberto Moreno ou Gerard Moreno. O Victoria aguantou durante un cuarto de hora os ataques amarelos grazas ás paradas de Jano, pero acabou por recibir oito goles.[12][13]

Remove ads

Datos do club

Historial na liga

Máis información Tempada, Categoría ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads