Viderico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Viderico ou Viterico (en latín: Viderichus/Vithericus) foi fillo de Vitimiro e, segundo Amiano Marcelino, rei dos grutungos -antecesor dos ostrogodos- polo 376.[1]
Remove ads
Traxectoria
Nomeárono rei despois da morte de seu pai. Como era moi pequeno tivo dous rexentes, Alateo e Sáfrax. Os tres e unha parte non dominada do seu pobo, pretenderon cruzar xunto cos tervingos -antecesor dos visigodos- o Danubio. Porén só o conseguiron os tervingos pero os grutungos non conseguiron permiso dos romanos polo que quedaron na beira esquerda do río.[2]
Alateo e Sáfrax uníronse á revolta de Fritixerno e con el participaron da Batalla de Adrianópole en 378. Tras ese período a única cousa que se sabe sobre os tres é que foron instalados xunto co seu pobo polo emperador Graciano na Panonia.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads