Vigo, Vigo

entidade singular no concello de Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia

Vigo, Vigo
Remove ads

Vigo[2], ás veces tamén Vigo Centro, é unha entidade singular, a efectos censuais[2], e unha cidade do concello de Vigo que limita coas parroquias de Alcabre, Navia, Matamá, Castrelos, Freixeiro, Sárdoma, Lavadores, Candeán e Teis.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads

Demografía

Segundo o IGE, no ano 2022, tiña 198.293 habitantes (92.401 homes e 105.892 mulleres)[2].

Xeografía

Abrangue o espazo das vellas parroquias de Santa María de Vigo e Santiago de Vigo, xunto co resto de territorio que foi absorbendo a cidade, en detrimento das vellas parroquias. No IGE tamén se computan os habitantes doutras parroquias históricas, como Coia e Bouzas [2], ademais de barrios novos como Balaídos, A Dobrada, O Calvario, As Travesas, A Florida, San Paio, San Xoán do Monte... O Nomenclátor de Galicia non o recolle[3].

Remove ads

Monumentos

Os monumentos máis destacados son a Colexiata de Santa María de Vigo, do 1816, e a imaxe do Cristo da Vitoria, realizada en torno ó 1680. No Castro varias escavacións arqueolóxicas remataron co achado de construcións pertencentes ós séculos II a.C. ata o III d.C. Tamén en pleno centro urbano, localizouse un importante sitio arqueolóxico romano baixo restos dos séculos XIX, XVII e medievais.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads