Matamá, Vigo

parroquia civil do concello de Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia

Matamá, Vigomap
Remove ads

San Pedro de Matamá é unha parroquia do concello de Vigo. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 3.659 habitantes (1.757 homes e 1.902 mulleres). Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Coia, Comesaña e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 42 entidades de poboación.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads

Toponimia

O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de MATTA (de orixe prerromana) MALA (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar.[3]

Xentilicio

O seu xentilicio é matamanexo[4].

Patrimonio

Thumb
Igrexa parroquial.

Conta cun importante patrimonio arqueolóxico con restos da Idade de Bronce. Posúe mostras de arte rupestre no Monte Fabal, no barrio de Mó, en Gáspara, nas Tomadas e nos Sobreiros. Ademais, Matamá posúe dous poboados castrexos.

A igrexa parroquial de San Pedro é de estilo neoclásico e foi construída a finais do século XVIII. Na zona abundan as fontes e os lavadoiros e, nos barrios de Balsa e das Carneiras, hai varios muíños de auga. O cemiterio alberga o único cruceiro de Matamá, construído no 1691.

Na Zona Franca está situada a fábrica de PSA-Citroën.

Lugares e parroquias

Lugares de Matamá

Lugares da parroquia de Matamá no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra

Balsa | Balvís | A Barxa | Beirán | Budiño | Campos | A Carapucha | Carballo | As Carneiras | A Carpinteira | O Castro | O Cocho de San Pedro | Coto do Mouro | A Devesa | O Fabal | Fontela | A Igrexa | A Lagarella | A Lameira | Loureiro | Maruxento | Mina das Carneiras | A Mó | O Outeiro | Parada | O Pazo | Pereiró | Raxó | A Revolta | Ribás | Ribelas | O Roupeiro | Sabarís | Salgueiral | San Amaro | Souteliño | Suolvido | As Veigas | A Veiguiña | Vilar | A Xesteira | Xuncal

Parroquias de Vigo

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads