Vinalopó Mitjà
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Vinalopó Mitjà (en castelán: Medio Vinalopó) é unha comarca situada na zona montañosa da provincia de Alacant, no País Valenciano. A súa capital e concello máis poboado é Elda.
Remove ads
Xeografía
A comarca atópase nunha zona cunha orografía moi accidentada, con numerosos vales e serras que delimitan as súas fronteiras naturais. Está formada por catro vales, un que discorre de forma vertical e os outros tres de forma horizontal. O val principal é o que forma o corredor do río Vinalopó, que dá nome á comarca, en dirección norte-sur. Neste corredor atópanse as localidades máis poboadas da comarca.
Limita ao norte e oeste co Alt Vinalopó, ao leste co Alacantí e ao sur co Baix Vinalopó.
Remove ads
Concellos
Lingua
A maioría dos municipios da comarca están incluídos na demarcación de predominio lingüístico do valenciano, excepto a capital, Elda, e os municipios de Aspe e Monforte del Cid, que foron sempre tradicionalmente de lingua castelá. Con todo, a lingua maioritaria na comarca é o castelán debido ao maior peso demográfico destes tres municipios (case a metade da poboación da comarca), e polo amplo predomino do castelán en Petrer e, en menor medida, noutros municipios valencianofalantes.
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads