Visma, A Coruña
parroquia civil do concello da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Pedro de Visma é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2014 tiña 2546 habitantes (1255 mulleres e 1291 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en 10 habitantes relación ao ano anterior. Moitos núcleos da parroquia (como San Roque de Fóra, Labañou, Os Rosales, O Peruleiro etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña, non sendo contabilizados nas estatísticas oficiais de poboación da parroquia a pesar de pertenceren a ela. A parroquia de Visma pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Visma.
Remove ads
Patrimonio
- No lugar de Nostián está situado o Castro de Nostián.
- No lugar do Monte de San Pedro hai un parque que alberga instalacións dunha antiga batería militar.
- Igrexa de San Pedro de Visma, do século XIX, obra de Faustino Domínguez Domínguez.[3]
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Visma, A Coruña.
- Canón inutilizado no Monte de San Pedro.
- O ascensor na metade do percorrido.
- Centro Sociocultural Ágora.
Lugares e parroquias
Lugares de Visma
Parroquias da Coruña
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads