Vitrasa

empresa galega de transportes de pasaxeiros From Wikipedia, the free encyclopedia

Vitrasa
Remove ads

Viguesa de Transportes S. L. (Vitrasa), é unha empresa de transportes viguesa, responsable do transporte público urbano nesa cidade en réxime de concesión municipal desde 1968. Actualmente mudou o seu nome a Urbanos de Vigo S.L, aínda que o seu nome comercial continúa sendo VITRASA.

Datos rápidos Viguesa de Transportes S.L., Tipo ...

Ademais explota en réxime de concesión autonómica, unha liña, entre o Alto da Encarnación e Vigo, (liña C3) unindo o concello de Vigo co de Redondela.

En 2007 contaba cunha frota de 118 autocares, cubrindo un total de 35 liñas. Debido ás cláusulas da concesión para a explotación do servizo, Vitrasa non pode aumentar o tamaño da súa frota dedicada ó transporte urbano de pasaxeiros.

No ano 2006 transportou 22,5 millóns de pasaxeiros, o que supuxo un aumento dun 4% respecto ó ano anterior, supoñendo o cuarto ano consecutivo que rexistraba un aumento de viaxeiros.

Nese ano a media de viaxeiros de Vitrasa situábase nuns 80.000 usuarios diarios, sendo a liña Circular Centro a máis utilizada, cunha media de 5.500 usuarios. Nese mesmo período os autocares de toda a rede percorreron entre 23.000 e 24.000 quilómetros, realizando aproximadamente uns 7 millóns de viaxes.

Vitrasa foi creada como sociedade anónima, en maio de 1968, logo de resultar adxudicataria da concesión municipal do transporte público urbano.

Ese mesmo ano, en xullo, presentou os seus primeiros autocares ó público, nun acto celebrado na explanada fronte ó Real Club Náutico de Vigo. Eran trinta autocares e dous microbuses, de cor azul, que daban servizo en 16 liñas.

En decembro de 1994, finalizada a concesión municipal, convocouse un novo concurso, resultando novamente adxudicataria Vitrasa, por un período de 25 anos.

Unha das condicións desta nova concesión foi o cambio da cor dos autocares, da vermella que tiña desde 1986, á verde e branca que levan desde entón.

En 2001 empezou unha remodelación da rede, buscando potenciar as liñas circulares e a implantación dun "billete de transbordo" entre diferentes liñas para completar a viaxe.

En marzo de 2002, xunto coas sociedades Tuzsa (que explota o servizo de transporte urbano de Zaragoza) e Auto Res (sociedade de transporte de viaxeiros por estrada), creou o consorcio Avanza Grupo, co obxectivo de competir no sector de transportes a nivel estatal, converténdose no segundo operador de transportes por estrada no momento da súa creación, tralo grupo Alsa.

Remove ads

Listaxe de liñas

Thumb
Autocar de Vitrasa, da liña C3, circulando por Chapela, Redondela.
  • C1 [Ligazón morta] – Circular Centro (Praza de América – Praza de América).
  • C2 – Circular 2 (Rosalía de Castro – Rosalía de Castro, pola Praza de España).
  • C3 [Ligazón morta] [Ligazón morta] – Encarnación – Coia/Bouzas por Praza España ou Praza de Eugenio Fadrique [Praza da Industria] (en época de verán, circula ata Samil).
  • L4A Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. – Coia – Aragón.
  • L4C Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. – Coia – Estación de Autobuses.
  • L5A [Ligazón morta] – Travesía de Vigo – Teixugueiras por Urzaiz.
  • L5B [Ligazón morta] – Travesía de Vigo – Teixugueiras por García Barbón.
  • L6 Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. – Praza de España - Beade (laborables circula ata o Hospital Álvaro Cunqueiro). No itinerario de volta, os pasaxeiros poden continuar na ruta como liña 29.
  • L7 [Ligazón morta]Zamáns – Praza de España – Centro – Zamáns. Ten variantes ata a Sobreira ou o Alto de San Cosme.
  • L8 Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.UniversidadeEstación FF.CC
  • L9A Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. – Praza de Eugenio Fadrique – Aeroporto de Peinador.
  • L9B [Ligazón morta] – Colón - Rabadeira.
  • L10 [Ligazón morta] – Cemiterio de Teis – Canido - Saiáns
  • L11 Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.San MiguelCabral Igrexa.
  • L12A [Ligazón morta]Hospital do Meixoeiro – Muíños - Saiáns.
  • L12B Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. – Hospital do Meixoeiro – Hospital Álvaro Cunqueiro (en certos horarios en dirección ao Hospital Álvaro Cunqueiro, realiza o percorrido por Avenida de Castrelos)
  • L13 [Ligazón morta] – Hospital do Meixoeiro – Teixugueiras (por Coruña e Gran Vía) só días lectivos.
  • L14 [Ligazón morta] – Chans – Gran Vía.
  • L15A [Ligazón morta] – Cabral – Samil (por Praza de España).
  • L15B [Ligazón morta] – Xestoso – Samil (por Beiramar).
  • L15C Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. – Universidade – Samil (por Praza Eugenio Fadrique).
  • L16 [Ligazón morta] – Coia - Balaídos - Zamora - Estación FF.CC. (Guixar).
  • L17 [Ligazón morta]Matamá (Balsa) – A Guía/Rios.
  • L18 Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. – Areal – Sárdoma (pola Salgueira/Pola Falcoa)/Pouleira (pola Salgueira/Miraflores)/Matamá (Pola Falcoa). (laborables circula ata o Hospital Álvaro Cunqueiro en certas viaxes)
  • L23 Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. – Martín Echegaray- Estación Autobuses.
  • L24 Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. Poulo - Estación FF.CC. (Guixar).
  • L25 Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. – Praza de España – Sabaxáns - Caeiro (ao rematar percorrido na Praza de España no itinerario de volta, os pasaxeiros poden continuar na ruta como liña 29)
  • L27 [Ligazón morta] - Beade (C. Cultural) - Venezuela - Rabadeira (en horarios sinalados [8:08, 9:06, 13:06, 16:06 e 20:06], comeza a ruta en Estrada do Porto, 3 realizando a ampliación por Presas en dirección a Rabadeira)
  • L28 Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.Santo Estevo de Negros – Berbés - Bouzas.
  • L29 Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. – Fragoselo / Casás – Praza de España. (ao rematar o percorrido na Praza de España, os pasaxeiros poden continuar o percorrido como liña 6 ou 25 [a liña coa que muda varía segundo horario sinalado]).
  • L31 Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. – San Lourenzo – Hospital do Meixoeiro.
  • N1 [Ligazón morta] – Nocturno 1 (Bos Aires - Samil por Pi i Margall).
  • N2 – Nocturno 2 (Bos Aires - Samil por Camelias).
  • SR – Servizo Roteas: Praza de América - Camposancos - Roteas.
  • U1 – Praza de España – Praza de América – Universidade (ano lectivo).
  • U2 – Praza de América – Praza de España – Universidade (ano lectivo).
  • H Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. - Navia - Bouzas - Hospital Álvaro Cunqueiro (só unha viaxe nos laborables)
  • H1 - Hospital Álvaro Cunqueiro - Policarpo Sanz.
  • H2 Arquivado 15 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. - Hospital Álvaro Cunqueiro - Gregorio Espino, 79 (Est. de autobuses en superficie).
  • Autobús turístico (funciona en datas determinadas e en época estival).
Remove ads

Tarifas 2019

  • Tarifa ordinaria: 1,35 €
  • Tarxeta de transporte:
  • Normal: 0,89 €
  • Estudante: 0,86 €
  • Universitario: 0,67 €
  • Pensionista I: de balde
  • Pensionista II: de balde
  • Social: 0,69 €
  • PMR en cadeira de rodas e acompañante: de balde

Todos os prezos inclúen o IVE e o SOV (Seguro Obrigatorio do Viaxeiro).

O transbordo permite combinar dúas liñas de transporte, permitindo ao usuario unir dous puntos da cidade que non teñan comunicación directa. É un servizo de balde.

Só pode realizarse mediante o uso da tarxeta de transporte (PASSVigo).

Unha vez validada a primeira viaxe, disponse de 45 minutos para realizar, como máximo, 2 transbordos a outras liñas.

O transbordo só é válido cando o cambio é a unha liña de distinta numeración ca a de orixe. No caso de realizar 2 transbordos, as 3 liñas deben ser diferentes.

A tarxeta de transporte tamén se poderá utilizar como medio de pago do estacionamento limitado de Vigo (O.R.A), para o acceso a instalacións deportivas municipais, museos, empréstito de libros en bibliotecas, adquisición de entradas para concertos, e como medio de identificación para acceder aos servizos da Carpeta Cidadá como o rexistro electrónico, trámites online, notificacións electrónicas, consulta de solicitudes, padrón de habitantes, recibos, multas, ...

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads