Volanta
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A volanta é unha arte de pesca fixa, de fondo, de forma rectangular e composta por un só pano, que pode alcanzar unha extensión considerábel.[1]
Características
Como quedou dito, está constituída por un só pano de rede. Cálase no fondo e, dependendo do tamaño da malla, pode capturar pescada, xarda, xurelo, chaparena, etc. Segundo o número de pezas de que estea composta, esta arte pode chegar a medir até 8 km de lonxitude ou máis.[2]
En pesca de altura emprégase tamén como arte de deriva.[2]
Pesca
A pesca coa volanta consiste en estender e fixar ao fondo do mar unha rede rectangular de grandes dimensións para formar unha barreira ao desprazamento dos peixes que quedan atrapados por enmalle, por embranquiado ou simplemente enganchados. A rede lava chumbos na relinga inferior e cortizas na superior, para conseguir que quede vertical, formando unha «parede» para que enmallen os peixes. Para localizala, desde o barco se fondea unha pequena áncora ou rizón, sinalizándoa cunha boia. Ao cabo dunhas horas o barco volve para recollela. As capturas introdúcense en xeo para a súa conservación.[3]
Polémica
A utilización desta arte é polémica, porque posúe unha alta capacidade de captura sendo pouco selectiva coas especies que apaña, o que implica o descarte, ademais de polo dano que orixinan estas redes nos fondos, ou cando se perden en mar a fóra. Por iso a Unión Europea que, en xuño de 2006, aprobara volver a permitir o uso de volantas para a pesca de pescada, tras prohibilo desde o mes de decembro do ano anterior, en xullo de 2012, propuxo que progresivamente se deixen de utilizar, até a súa total prohibición, en 2014, das técnicas pesqueiras como o arrastre de fondo e a volanta de fondo, argumentando que son moi daniñas para o medio ambiente. Esta prohibición ten un importante impacto económico no sector pesqueiro español e francés coa consecuente oposición das empresas e institucións implicadas, que consideran a proposición pouco argumentada.[3]
Remove ads
Normativa española
O Goberno de España define a volanta como «unha arte de enmalle fixa ao fondo, de forma rectangular, constituída por varios panos de rede unidos entre si, que se cala mediante un sistema de fondeo, provisto de lastres na relinga inferior e flotadores na superior para mantela en sentido vertical»[4].
A mesma norma establece que o obxectivo principal desta arte é a pesca da pescada, e fixa as súas características técnicas sinalando que:
- As dimensións mínimas das mallas non serán inferiores a 90 mm.
- Cada unha das pezas de rede ou panos que compoñen a arte ten unha lonxitude máxima de 50 m, e unha altura máxima de 10 m, e que a lonxitude máxima total da arte non poderá exceder de 7000 m.[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads