Voluta
elemento decorativo, en forma de espiral, nos ángulos do capitel xónico, de onde pasou a decorar outras estruturas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha voluta (do latín voluta, de volvere, dar voltas) é un ornamento en forma de espiral, característico do capitel xónico[1][2]. Posteriormente foron incorporadas nos chapiteis das columnas das ordes corintias e compostas. Normalmente se encontran catro volutas nos chapiteis xónicos, oito nos chapiteis compostos e versións máis reducidas (ás veces chamadas helix) nos corintios.[3]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Voluta (homónimos).


Remove ads
Descrición
Suxestionouse que este motivo decorativo estaba inspirado na curva dos cornos dos carneiros, na forma da cuncha dos cascarolos ou tal se derivaba da espiral natural do óvulo dunha especie común de trevos, nativos de Grecia. Alternativamente, pode ter, simplemente, unha orixe xeométrica.[4]
Introducida polos gregos e máis tarde teorizada polo arquitecto romano Vitruvio para os edificios e estruturas clásicas, a voluta non limitou a súa utilización á arquitectura, senón que se utilizou dende sempre nunha ampla variedade de formas de arte. Dende tempos antigos, esta decoración tense encontrado en deseños de mobles, ourivaría, e olaría. Por exemplo, existe un tipo de cratera denominada de volutas por mor da forma das súas asas. Tamén na Antiga Grecia, o peiteado dalgunhas mulleres da época lembra as volutas dos chapiteis xónicos.
Dado que o motivo ornamental despregábase na antigüidade clásica, pasou a ser tamén un elemento común noutras arquitecturas, directa ou indirectamente inspiradas naquela, como a renacentista, barroca ou neoclásica: nestes estilos, podería utilizarse en calquera estrutura onde se requirise algún elemento de transición entre as liñas horizontais e verticais[5] ou perpendiculares entre si.

A súa forma segue a ser común na construción de instrumentos de corda, que corresponde, normalmente, á terminación do mastro ou decoración do cavilleiro, coma nos violíns, violas ou contrabaixos.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
