Vostok 1

From Wikipedia, the free encyclopedia

Vostok 1
Remove ads

Vostok 1 foi o nome da primeira misión tripulada da Historia, con Iuri Gagarin a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 12 de abril de 1961 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Datos rápidos Tipo, Data de lanzamento ...
Remove ads

Características

A misión de Vostok 1 foi realizar a primeira misión orbital tripulada. O equipamento da cápsula incluía o soporte vital e comunicación por radio e televisión para monitorizar o estado do cosmonauta. O voo foi completamente automático e os controis manuais estaban bloqueados polo descoñecemento da influencia do espazo no comportamento dos humáns, pero podían desbloquearse cun código numérico que se atopaba nun sobre pechado que Gagarin tiña á súa disposición. Durante a reentrada o módulo de servizo quedou enganchado na cápsula de reentrada, facendo que esta xirara descontroladamente ata que a calor da reentrada fundíu o cable que mantiña unidos ambos módulos. Gagarin, tal como estaba planeado, exectouse da cápsula a uns poucos quilómetros de altura e aterrou usando o seu propio paracaídas.[2][3][4][5]

O voo tivo lugar 25 días antes do primeiro voo espacial suborbital dos Estados Unidos.[2][3][4][5]

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads