Wilkinson Microwave Anisotropy Probe
Observatorio espacial dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
WMAP (acrónimo de Wilkinson Microwave Anisotropy Probe, Sonda de Anisotropía de Microondas Wilkinson) foi un observatorio espacial estadounidense lanzado o 30 de xuño de 2001 mediante un foguete Delta 7425 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara a unha órbita de Lisajous arredor do punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Sol.[1][2][3]
Remove ads
Características
WMAP pertence ó programa Explorer da NASA, e dentro deste programa pertence ás naves de clase MIDEX, no que se encadran as sondas de presuposto medio. A súa misión era observar e estudar o fondo cósmico de microondas para determinar algúns parámetros da teoría do big-bang, investigar como e cando se formaron as primeiras galaxias. Para iso o observatorio medía as diferenzas de temperatura entre diferentes partes do ceo no rango das microondas.[1][2][3]
O observatorio foi lanzado cara ao punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Sol, a 1,5 millóns de quilómetros de distancia da Terra na dirección contrario ao Sol, onde a gravidade dos dous corpos maiores se equilibran e o observatorio pode permanecer orbitando sen que nin a Terra nin o Sol lle pasen por diante.[1][2][3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads