Deutsche Bank Park
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Deutsche Bank Park, usualmente coñecido polo seu nome orixinal, Waldstadion, é un estadio de fútbol da cidade de Frankfurt, en Alemaña. Pertence ó club Eintracht Frankfurt, que xoga a Bundesliga. O primeiro Waldstadion foi inaugurado en 1925 e durante a segunda guerra mundial foi empregado en eventos políticos. En 1974, xogáronse tres partidos do mundial de 1974.
Ten capacidade para 52.000 espectadores. Unha das súas características principais é un monitor central e o teito retráctil, para protección nos días de chuvia (que fallou na final entre o Brasil e a Arxentina da Copa de Confederacións de Fútbol de 2005) ou nos días de moita calor (como no encontro Corea do Sur e Togo, do mundial de 2006). Entre 2005 e 2020 o estadio chamouse Commerzbank-Arena após un contrato de patrocinio co dito banco, pasando posteriormente a adquirir o seu actual nome. Neste estadio xogáronse encontros do Mundial de Fútbol de 1974 e de 2006. Nesa última edición a súa capacidade foi reducida a 48.132 prazas.
Remove ads
Encontros do Mundial de Fútbol Alemaña 1974
No antigo Waldstadion:
- 13 de xuño: Grupo 2
Brasil 0 - 0
Iugoslavia
- 18 de xuño: Grupo 2
Escocia 0 - 0
Brasil
- 22 de xuño: Grupo 2
Escocia 1 - 1
Iugoslavia
Encontros do Mundial de Fútbol Alemaña 2006
- 10 de xuño: Grupo B
Inglaterra 1 - 0
Paraguai
- 13 de xuño: Grupo G
Corea do Sur 2 - 1
Togo
- 17 de xuño: Grupo D
Portugal 2 - 1
Irán
- 21 de xuño: Grupo C
Países Baixos 0 - 0
Arxentina
- 1 de xullo: Cuartos de Final
Brasil 0 - 1
Francia
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deutsche Bank Park ![]() |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads