Selección de fútbol de Portugal

selección de fútbol de Portugal From Wikipedia, the free encyclopedia

Selección de fútbol de Portugal
Remove ads

A Selección de fútbol de Portugal representa a Portugal e competicións internacionais de fútbol xestionada pola Federación Portuguesa de Fútbol (FPF). A selección estreouse oficialmente o 18 de novembro de 1921 contra Inglaterra, xogo que acabou 2-1 a favor dos ingleses. A estrea de Portugal nun Mundial da FIFA, en 1966, levou á Selección das Quinas até as semifinais, onde sería derrotada pola anfitrioa e futura campioa, Inglaterra. Portugal terminou o campionato en 3º lugar e Eusébio foi o mellor marcador do torneo con nove goles. As catro veces seguintes en que Portugal se calificou para un Mundial foron en 1986, en 2002, sendo eliminado na fase de grupos en ambos, en 2006, en que terminou en cuarto lugar logo de perder por 3-1 coa selección anfitrioa (Alemaña) no xogo de decisión do terceiro e cuarto lugar e en 2010, onde foi eliminado nos oitavos de final por España por un 1-0.

Máis información Portugal, Actual campión da Copa do Mundo ...

En 2003, a Federación Portuguesa de Fútbol contratou Luiz Felipe Scolari, que fora campión coa selección brasileira de ftbol en 2002. Scolari levou Portugal á final do UEFA Euro 2004, onde foi derrotado por Grecia, e tamén á súa segunda semifinal, no Mundial da FIFA 2006. Acabaría por deixar a Selección tralo UEFA Euro 2008, sendo contratado polo Chelsea.

Carlos Queiroz foi designado como o novo seleccionador en 2008, saíndo do cargo de adestrador-adxunto do Manchester United. Tras ser acusado de ter obstruído os axentes do control antidopaxe e ser suspenso por seis meses, Queiroz foi dimitido do cargo de seleccionador o día 7 de setembro de 2010 sendo substituído por Paulo Bento no cargo. O Estadio oficial da selección portuguesa de fútbol é o Estadio Nacional do Jamor ou ás veces o Estadio Nacional localizado en Oeiras, Lisboa. Porén os seus xogos oficiais non son realizados nel debido á súa degradación.

Remove ads

Estatísticas

Copa Mundial de Fútbol

Máis información Ano, Rolda ...

Eurocopa

Máis información Ano, Resultado ...
Remove ads

Xogadores

Máis encontros disputados

Thumb
Cristiano Ronaldo máximo goleador da selección.

Actualizado o 1 de abril de 2018

Máis información #, Nome ...

Máximos goleadores

Actualizado o 1 de abril de 2018

Máis información #, Xogador ...
Remove ads

Adestradores

Categoría principal: Adestradores da selección de fútbol de Portugal.
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads