Walter Pandiani

futbolista uruguaio From Wikipedia, the free encyclopedia

Walter Pandiani
Remove ads

Walter Gerardo Pandiani Urquiza, coñecido tamén como O Rifle, nado en Montevideo o 27 de abril de 1976, é un exfutbolista e adestrador uruguaio. Xogaba na posición de dianteiro e foi internacional coa selección uruguaia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Dende xullo de 2021 adestra o Atlético Cerro, da Segunda División do Uruguai.

Remove ads

Traxectoria

Naceu en Montevideo e ten ascendencia italiana, pois un dos seus avós, Giuseppe Bautista Pandiani, era natural da provincia de Pavia, na Lombardía.[1]

Comezou xogando no seu país, no CA Basañez e CA Peñarol entre 1994 e 2000, para despois dar o salto a Europa fichando polo Deportivo da Coruña durante 2 temporadas, cun ano cedido no Real Mallorca, con cal gañaría a Copa do Rei.

Á temporada seguinte volveu ao Deportivo, aínda que, debido ás diferenzas co club e o seu adestrador, Javier Irureta, foise a Inglaterra a xogar cedido no Birmingham City na temporada 2005-2006. Tras un grande debut no seu primeiro partido, o club ofreceulle contratalo o seguinte verán, pero ao non manter o seu bo rendemento volveu a España, esta vez fichando polo RCD Espanyol, con quen gañaría unha Copa do Rei e lograría un subcampionato na Copa da UEFA, edición na que logrou ser o máximo goleador.

En xullo de 2007 fichou polo CA Osasuna por 3 temporadas, a onde chegou para completar a dianteira rojilla e achegar calidade e experiencia ao equipo.

Na tempada 2011–12 fichou novamente polo RCD Espanyol.[2]

Selección nacional

Foi internacional coa selección uruguaia en catro ocasións, pese a ser convocado máis veces.

Como adestrador

Comezou a súa carreira como adestrador en Cataluña, adestrando os equipos xuvenís do Masnou, onde xogaban os seus dous fillos. En 2016 adestrou durante uns meses o primeiro equipo, e posteriormente exerceu como adestrador nas canteiras do Europa e o Hospitalet.[3] En 2018 obtivo a licenza de adestrador UEFA Pro tras asistir ao curso da Federación Española, onde tivo como profesor ao futuro seleccionador español e campión da Eurocopa Luis de la Fuente.[4]

En xullo de 2019 colleu as rendas do Lorca FC, na Terceira División, pero dimitiu en decembro xunto a todo o corpo técnico, por problemas coa directiva do club.[5] En agosto de 2020 converteuse no director de canteira do Dibba Al-Hisn, dos Emiratos Árabes Unidos, e pouco despois foi ascendido a adestrador do primeiro equipo, na segunda división do país.

En xullo de 2021 regresou ao seu país, como adestrador do Club Altético Cerro, na segunda división.[6]

Remove ads

Palmarés

Peñarol
Deportivo
Mallorca
Espanyol

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads