Wat
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un wat (en khmer: វត្ត, vôtt; en laosiano: ວັດ, vat; en tailandés: วัด, wat) é un tipo de templo budista ou hindú típico do sueste asiático como Camboxa, Laos, Myanmar, Tailandia, Yunnan (China) ou o sur de Sri Lanka.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Estritamente falando, un wat é un templo budista e unha escola con monxes residentes. Un templo sen monxes residentes non podería denominarse wat, aínda que o termo adóitase utilizar de forma extensiva, mesmo para facer referencia ás ruínas de templos antigos.
Remove ads
Etimoloxía
A palabra wat deriva do sánscrito vāṭa, que significa "recinto pechado".[1][2] O termo ten diferentes sentidos dependendo da rexión: ás veces refire a unha clase específica de gran mosteiro, que pode estar recoñecido polo goberno; outras, a calquera templo budista ou hindú.
En lingua coloquial en Tailandia, wat fai referencia a calquera lugar de oración con excepción das mesquitas. Por tanto, wat cheen sería un templo chinés (xa sexa budista ou taoísta), wat khaek sería un templo hindú e wat kris, wat krit ou wat fa-hrang faría referencia a unha igrexa cristiá.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
