Wikiquote

colección de citas soadas de personaxes famosas From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Wikiquote é unha colección de citas soadas de personaxes famosos, libros e proverbios. Realízase de forma colaborativa a través de Internet, baixo a licenza libre GFDL, e baseándose en tecnoloxía wiki. Baséase nunha idea de Daniel Alston, implementada por Brion Vibber.

É un proxecto irmán de Wikipedia, sendo auspiciado tamén pola Fundación Wikimedia, e utilizando o mesmo software, MediaWiki.

Non alcanzou un desenvolvemento tan grande como Wikipedia, pero existen xa versións en varios idiomas. Entre todos eles conta con máis de 364 000 páxinas, das que unhas cen mil poden ser propiamente artigos de citas (sen contar redireccións, páxinas de conversa nin instrucións sobre o propio proxecto). Máis de vinte mil destes artigos corresponden á versión en inglés. A versión en español é a sétima en número de artigos: ten máis de dezanove mil páxinas, das que máis de cinco mil son artigos de citas.

Remove ads

Principais Wikiquote e a súa evolución

O interese por Wikiquote fixo crecer os proxectos. O 13 de novembro de 2004, a versión en inglés alcanzou os 2000 artigos. En marzo de 2005, antes de que o subdominio en inglés alcanzase os 3000 artigos, Wikiquote entre todos os seus idiomas xa presentaba 10 000 páxinas. Ao concluír 2005 xa había 7 Wikiquotes con máis de 2000 artigos de citas (como antes, sen contar páxinas de conversa, de redirección nin de axuda), mentres Wikiquote en español apenas superaba os mil:

Máis información Idioma, Wiki ...
Thumb
Crecemento de Wikiquote até maio de 2006, cando os proxectos en alemán e en inglés achegábanse aos 7000 artigos. Non aparece Wikiquote en francés, que tivo que pechar.

En xaneiro de 2006, 26 proxectos estaban activos (no sentido de que tiñan polo menos un artigo lexítimo de citas e rexistraron polo menos unha edición no mes).

En abril, Wikiquote en francés (o terceiro proxecto en número de artigos) foi pechada por problemas legais, xa que parte do contido podía violar dereitos de bases de datos. O 4 de decembro de 2006 foi reaberta, e un ano despois superaba os oitocentos artigos (segundo as súas estatísticas).

Para o 3 de xaneiro de 2008, as catorce Wikiquotes que superaban os mil artigos eran:

Máis información Idioma, Wiki ...

Ao comezar 2009, 16 versións de Wikiquote superaban os mil artigos:

Máis información Idioma, Wiki ...

Ao comezar 2010, 21 edicións superan os mil artigos:

Thumb
Logo proposto para Wikiquote en español.
Máis información Idioma, Wiki ...
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads