Wiltshire

From Wikipedia, the free encyclopedia

Wiltshiremap
Remove ads

Wiltshire ( /ˈwɪɫtʃə, -ʃɪə/ Wilts ) é unha autoridade unitaria e un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido, con capital en Trowbridge. Situado na rexión do suroeste limita ao norte con Gloucestershire, ao leste con Oxfordshire e Berkshire, ao sueste con Hampshire, ao sur con Dorset e ao oeste con Somerset.[1] [2]

Datos rápidos Localización, Capital ...

Wiltshire está situado nunha rexión montañosa (como as de Marlborough), ocupando unha superficie de 3.476 km².

A súa economía baséase na agricultura e na gandería. Tamén conta cunha industria de alfombras e téxtiles. Neste concello atópanse os famosos restos arqueolóxicos de Stonehenge, un monumento neolítico, e os de Avebury.

Remove ads

Historia

Thumb
Stonehenge
Thumb
Concello de Trowbridge, cidade do condado
Thumb
Catedral de Salisbury
Thumb
Abadía de Lacock

Prehistoria

Wiltshire é coñecida polos restos arqueolóxicos da época prerromana. As tribos celtas que ocuparon a rexión durante o Mesolítico, o Neolítico e a Idade do Bronce construíron colonias nos outeiros. Desta época son os monumentos de Stonehenge e Avebury, os máis famosos de Inglaterra.

Idade Media

Nos séculos VI e VII, Wiltshire estaba no extremo occidental da Britania saxoa. No ano 878, os daneses (viquingos) invadiron o condado e, tras a conquista normanda, amplas zonas do condado pasaron a mans da coroa e da Igrexa.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads

Cidades

Trowbridge é a capital do condado. Outras cidades destacadas son Calne, Calstone Wellington, Chippenham, Devizes, Marlborough, Salisbury, Swindon, Warminster e Westbury.

Monumentos e lugares de interese

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads