Wismar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A cidade hanseática de Wismar é a cidade capital do distrito de Mecklemburgo Noroccidental, no estado federado de Mecklemburgo- Pomerania Occidental, Alemaña. Está situada a beiras do mar Báltico na baía de Wismar, que goza da protección da illa de Poel. Conta cunha poboación de 44 484 persoas.[1]
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2002 xunto co centro histórico de Stralsund, destacando os edificios de ladrillo en estilo gótico báltico de ambas as cidades.[2]
Remove ads
Orixe do nome
A orixe exacta do nome da cidade de Wismar segue sendo descoñecido. Menciónase como unha posibilidade, de que provén da derivación do nome eslavo do terratenente do territorio, que foi coñecido primeiramente como lugar de Vysě mêr. A partir de 1229 o nome do asentamento foi cambiando de Wyssemaria, a Wissemaria e finalmente, a partir de 1246, a Wismeria.[3]
O nome Wizmar é mencionado na Saga Kný tlinga que foi escrita en 1260 en Islandia. Nela menciónase que o rei Svend III de Dinamarca fixera terra en Wizmar Havn (Baía de Wizmar) en 1147. Este evento é, con todo, probablemente apócrifo.
Remove ads
Economía e turismo
A economía de Wismar foi impactada de forma desfavorable pola reunificación alemá en 1990. Cunha taxa de desemprego de 13.9 %, ten unha taxa de desemprego maior á media do estado de Mecklemburgo- Pomerania Occidental e moito maior á de Alemaña en xeral. A industria naval e a da madeira son as máis importantes. O maior empregador de Wismar é o estaleiro naval Nordic Yards con máis de 600 empregados.
O desenvolvemento positivo da industria turística continuou no ano 2012, cando se estableceu un novo récord de visitantes. Este crecemento atribúese en parte ao nomeamento da cidade como Patrimonio da Humanidade, pero tamén grazas á popularidade en Alemaña da serie de televisión policíaca SOKO Wismar. Hai un total de 1624 camas de hotel na cidade.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads