Woody Woodpecker
Personaxe e serie de debuxos animados From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Woody Woodpecker (coñecido en Galiza polas dobraxes hispanoamericanas coma "El Pájaro Loco" (o Paxaro Tolo) e co nome "Loquillo") é un personaxe animado de ficción que aparecía nas curtametraxes animadas do estudio de Walter Lantz e distribuídas pola Universal Studios.
Woody é un peto ou picapau[1] da especie norteamericana Melanerpes formicivorus e foi creado polo artista de storyboards Ben Hardaway, creador tamén de Bugs Bunny e Daffy Duck (o Pato Lucas), da Warner Bros.
Remove ads
Historia
A primeira aparición de Woody Woodpecker foi na curtametraxe de Andy Panda Knock Knock, o 25 de novembro de 1940, o éxito deste tolo paxaro fixo que protagonizase a súa propia serie de curtas, a primeira das cales se chamaría coma o personaxe, Woody Woodpecker, o 7 de xuño de 1941. As curtas de Woody Woodpecker emitiríanse nos cinemas na década de 1970, cando se deixarían de estrear novas curtametraxes protagonizadas polo personaxe, se ben desde os anos 1950 moitas curtas serían reemitidas na televisión, no Show de Woody Woodpecker, e nos anos 1990 o personaxe protagonizaría unha nova serie televisiva. A frase máis característica deste tolo personaxe era Guess Who? (Adiviña quen), e repetíaa ao comezo de cada curta, seguida da súa inconfundible gargallada.
A voz de Woody foi dobrada orixinalmente por Mel Blanc, e posteriormente polo propio Ben Hardaway e por Grace Stafford, dona de Walter Lantz.
Woody Woodpecker ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood. Ademais é a imaxe principal dos parques de divertimento da Universal Studios, sendo por iso imaxe do parque temático Port Aventura en Tarragona (que fora Universal Studios nunha época).
Remove ads
Galería de imaxes
- Walter Lantz, o creador.
- Lantz en 1990.
- Avión xaponés rotulado con debuxos de Woody.
- Estrela en Hollywood.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads