XI lexislatura de España
período lexislativo español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A XI lexislatura de España comezou o 13 de xaneiro de 2016 cando, trala celebración das eleccións xerais do 20 de decembro de 2015, se constituíron as novas Cortes Xerais.[1] e rematou o 3 de maio de 2016, coa disolución das mesmas.[2] Cunha duración de 111 días, foi a lexislatura máis breve da democracia española.[3] Estivo precedida pola X lexislatura.

Remove ads
Escenario postelectoral
As eleccións xerais de decembro de 2015 debuxaron un escenario no que ningún dos grandes bloques políticos tiña os escanos necesarios para formar goberno. No Partido Popular (123 escanos), unha hipotética suma dos seus escanos cos de Ciudadanos (40 escanos) non eran suficientes para dar a maioría simple que garantise a investidura de Mariano Rajoy en segunda rolda. Por iso, o PP propuxo a busca dun pacto co Partido Socialista Obrero Español (90 escanos) para que se abstivesen en segunda volta e deixaran, deste xeito, gobernar á lista máis votada.[4] Porén, o PSOE desmarcouse desta posibilidade, ao decidir a súa dirección por unanimidade que non apoiarían a investidura de Rajoy como presidente do goberno, aínda que comprendían que o PP intentase formar goberno por ser o partido máis votado. Ao mesmo tempo, os socialistas evitaron pronunciarse, nun primeiro momento, sobre a formación dun goberno alternativo de esquerdas que incluíra a Podemos e as súas coalicións a nivel autonómico (69 escanos).[5] A mesma noite das eleccións, o partido de Pablo Iglesias fixou unha serie de condicións que calquera partido interesado en chegar a un acordo con eles debería aceptar: a blindaxe dos dereitos sociais na Constitución, unha reforma do sistema electoral, a introdución dunha moción de confianza cidadá en caso de incumprimento do programa electoral e a consideración de España como país plurinacional nun encaixe constitucional diferente, que incluíse un referendo sobre a independencia de Cataluña.[6] Pola súa banda, o líder de Ciudadanos (40 escanos) asegurou que o seu partido se abstería para facilitar un goberno en minoría do PP e instou ao PSOE a facer o mesmo e evitar gobernos multipartitos.[7]
O 18 de xaneiro de 2016, comezou a rolda de contactos do Rei cos partidos do Congreso no Palacio da Zarzuela para designar a un candidato a Presidente do Goberno.[8] Filipe VI ofreceu a Mariano Rajoy designarlle para a investidura pero este declinou a oferta por falta de apoios no Congreso.[9] Unha semana máis tarde produciuse a segunda rolda de contactos[10] que terminou co encargo a Pedro Sánchez de intentar formar goberno.[11] O 12 de febreiro, Pedro Sánchez anunciou á prensa a probabilidade de ser sometido á investidura a principios do mes de marzo, alegando que cada vez contaba con máis apoios para facelo.
Remove ads
Constitución das Cortes Xerais
Tanto o Congreso dos Deputados como o Senado constituíronse ás dez da mañá do mércores 13 de xaneiro de 2016.[12] Ese mesmo día tamén designouse aos membros das Mesas de ambas Cámaras, que quedaron da seguinte forma:
Remove ads
Sesión de investidura
O 18 de xaneiro, trala renovación do Congreso dos Deputados, o rei iniciou unha rolda de consultas cos representantes designados polos grupos políticos con presenza parlamentaria, en cumprimento do disposto no artigo 99 da Constitución. Unha vez concluída esta, ás 19:55 horas do venres 22 de xaneiro, a Casa Real anunciou que o rei propuxera como candidato á presidencia do Goberno ao presidente do PP, Mariano Rajoy, por encabezar a lista que conseguira maior número de votos nas últimas eleccións ao Congreso dos Deputados. Non obstante o anterior, o señor Rajoy anunciou inmediatamente que declinara a proposta, ao non contar nese momento cos apoios necesarios para garantir a súa investidura. Por iso, e sen mediar votación algunha, o rei víase obrigado a buscar un novo candidato.
Así, ante a negativa de Mariano Rajoy, o 27 de xaneiro o rei iniciou unha segunda rolda de consultas. Ao termo da mesma, o día 2 de febreiro ás 20:05 horas, o presidente do Congreso, Patxi López, anunciou en nome do rei que o novo candidato proposto era o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, por encabezar a candidatura do segundo partido máis votado.
Máis tarde, o día 15 de febreiro, Patxi López anunciou que o debate de investidura celebraríase os días 2 e 3 de marzo de 2016, celebrándose a votación de investidura a continuación do mesmo. En consecuencia, si fose necesaria, celebraríase unha segunda votación de investidura o sábado 5 de marzo.
Dado que a Constitución establece que deben transcorrer dous meses desde a primeira votación de investidura ata a disolución das Cortes (en caso de non ser elixido ningún candidato), e que deben pasar outros 54 días desde que se convoquen eleccións ata que se celebren, a primeira data posible para celebrarse eleccións é o martes 28 de xuño de 2016. E tendo en conta que se adoitan celebrar as eleccións en España en domingo, as eleccións repetidas si non fose elixido ningún candidato celebraríanse moi probablemente o domingo 3 de xullo de 2016.
O 23 de febreiro, Patxi López rectificou parcialmente, adiantando o debate de investidura para os días 1 e 2 de marzo, co obxecto de poder repetir as eleccións o domingo 26 de xuño en caso necesario. Para iso, deberíase proceder á publicación da convocatoria electoral nun BOE extraordinario que se publicaría ao mediodía do día 3 de maio. De non facerse así, as eleccións terían que celebrarse o 27 de xuño de 2016, luns.
O debate de investidura iniciouse ás 16:30 horas do martes 1 de marzo co discurso do candidato á Presidencia do Goberno. Ás 18:10 horas, unha vez concluído o discurso, a sesión suspendeuse ata o día seguinte. Ás 9:00 horas do día 2 de marzo iniciáronse as intervencións dos distintos grupos parlamentarios para fixar a súa posición, seguidas da contestación do candidato e dunha réplica e unha dúplica.
Ás 19:15 horas, inmediatamente logo da conclusión do debate, tivo lugar a primeira votación de investidura. O resultado deu 130 votos a favor (PSOE, Cidadáns e NC), 1 abstención (CC) e 219 votos en contra (PP, Podemos, En Comù, En Marea, ERC, DiL, PNV, Compromís, IU, EH Bildu, UPN, Foro e 1 independente), non alcanzando Pedro Sánchez a maioría absoluta requirida (176) para resultar investido presidente do Goberno.[15]
Aproximadamente corenta e oito horas despois, ás 18:30 da tarde do venres 4 de marzo, de acordo co artigo 99.3 da Constitución Española, Pedro Sánchez presentouse no Congreso para buscar a confianza da Cámara, para a que necesitaba unha maioría simple. Tras un breve debate cos grupos parlamentarios, ás 20:20 horas iniciouse a segunda votación. O resultado saldouse con 131 votos a favor, 219 votos en contra e ningunha abstención. Todos os partidos repetiron o sentido do seu voto dous días antes, fóra diso CC, que nesta ocasión apoiou ao candidato.
Ao non haber resultado electo o candidato proposto polo xefe do Estado, o presidente do Congreso anunciou o luns 7 de marzo, tras unha breve reunión co monarca, que este decidira dar tempo aos partidos para buscar acordos, renunciando polo momento a iniciar unha terceira rolda de consultas.
Remove ads
Fin da lexislatura
Practicamente transcorridos os dous meses legalmente previstos para investir presidente desde o primeiro intento, e antes de convocar de novo eleccións, os días 25 e 26 de abril, o Rei Filipe VI realizou a terceira rolda de consultas cos representantes dos diversos grupos parlamentarios para valorar a posibilidade de intentar unha nova investidura, dentro do citado prazo.[17]
Tras concluír a anterior rolda de contactos, e constatado a imposibilidade de propoñer a ningún candidato con posibilidades reais de obter as maiorías requiridas no Congreso para investir un presidente de Goberno, a Casa do Rei informou no seu sitio web oficial que «o Rei procedería, nos termos previstos no artigo 99.5 da Constitución, á disolución das Cámaras e á convocatoria de novas eleccións xerais co refendo do Presidente do Congreso».[18]
O 3 de maio disolvéronse as Cortes Xerais e se convocaron novas eleccións para o 26 de xuño de 2016.[19]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads